PABLO CONDE E SERGIO “PATACA” E A SUA VISIÓN DA GRAN FINAL DA “LX COPA DA COSTA”.

Este vindeiro Domingo 8 de Xuño de 2025 disputarase no “San Paio de Refoxos de Xallas, “Cee) a Gran Final da “LX Copa da Costa”, (que dirixirá David Casteje), e que enfrontará ao CF Muxía e ao CF Dumbría, ambos equipos da 1ª Futgal G2 na que os muxiáns quedaron 11º con 38 puntos, acadando a permanenza no seu retorno a categoría tras máis de duas décadas sen pisala e o Dumbría foi o campión con 79 puntos e novo equipo da Preferente Norte. Pero nesto dunha final pode pasar de todo, ou o guión pode ser o establecido pola traxectoria de uns e outros, polo que é totalmente incerto. O que sí hai que dicir e que os dumbrieses defenden o título acadado o pasado ano.

. En liga na 12ª xornada o Muxía visitaba “O Conco” e caía por 4-0 e na segunda volta o Dumbría ona sua visita a “Arliña” voltaba a gañar, (2-3), pero nun encontro no que os muxiáns mereceron máis. Sergio “Pataca” patrón do CF Muxía e Pablo Conde homónimo no CF Dumbría, que se coñecen ben e que foron compañeiros no equipo dumbríes no que Sergio foi segundo de Pablo, analizan para nós un pouco do que pode ser esta final antre o equipo da costa e o do interior, nun choque tan emblemático como é a final da “Copa da Costa” o torneo por antonomasia o mellor de cantos se celebran no fútbol afeccionado, e poderíamos falar que do resto dos ámbitos, en Galicia.

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía), espera que desta volta e despois de 59 anos si veña a copa para Muxía : “Chegamos con moita ilusión, este grupo que leva varios anos tan cerca de chegar a final, puido facelo este ano. Agora toca disfrutar e intentar ganar por primeira vez a copa para o Muxía”.

Pola sua banda Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría), ve o seu equipo ilusionado ca final e con gañas de facelo ben : “Vexo ao meu equipo véxo ilusionado por poder ganar a copa. Véxoos contentos e con moitas ganas de facelo ben”.

“Pataca” ve pola sua banda o equipo dumbriés como favorito polo que leva feito na liga : “Todos sabemos que é o favorito… campeon en 1ª, e con varios xogadores de categoría superior”.

Conde ve no Muxía un equipo forte : “Ao Muxía véxoo un equipo moi forte. Ten xogadores de moita calidade no medio e xente velóz arriba. Son un rival sempre moi duro. Ademáis Sergio ten unha ventaxa, que nos coñece moi ben2.

No no tocante aos enfrontamentos en liga nos que saeu vencedor o Dumbría en ambos a opinión de Sergio “Pataca” e de que foi un para cada un, menos no resultado : “En Dumbria eles foron moi superiores, facéndonos moito dano a balón parado, e en Muxia creo que nós estivemos mellor ca eles, presionámolos ben e éramos capaces de sair con perigo dende atrás, ainda así sacaron os 3 puntos da Arliña”.
Para Sergio hai unha clacve en todo isto i é o coñecemento de ambos e espera que a afección disfrute do espectáculo : “Vamos atoparnos dous equipos os cales nos coñecemos moi ben, tanto os xogadores como Pablo i eu…Só espero que sexa un bo partido, que o público poida disfrutar e que compitamos como vimos facendo estas rondas de copa anteriores”.

Para Pablo Conde, son “escenarios diferentes”, este e o de liga : “É verdade que xa nos enfrentamos dúas veces. Ambos partido xa foron moi distintos, e creo que a final será outro escenario novo. Nun partido así, hai que intentar estar moi ben en moitas facetas, pero aínda así hai moitas que non se poden controlar. Esperamos que sexa un partido bonito”.

“Sorte a ambos adestradores e aos seus equipo e o noso desexo de que haxa un bo espectáculo que disfruten os afeccionados e que gañe o que máis o mereza”.

-Foto Pablo Conde : FaceBook Veteranos CF Dumbria

-Foto Sergio “Pataca” e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Sergio “Pataca” e Pablo Conde