OZA E MALPICA LOITARÁN POLO ASCENSO A LIGA DA COSTA.

Trala renuncia a xogar do Volantes de Baño por falla de xogadores quedaba saber quen sería o rival do Malpica na final, a dobre encontro, polo ascenso a Liga da Costa e nun choque que foi moi igualado na primeira metade e que se parteu trala expulsión do xogador Dani García antes do descanso, foi o Oza o que derrotaba o Cerqueda, (2-4). por segunda vez, (na ida 3-1), para pasar a final polo ascenso.

Adiantouse o Cerqueda aos 10 minutos de xogo cun tanto de Alejandro e empataba 10 minutos despois Hugo para os ocenses. Salah poñía por diante o Cerqueda tras sacar de centro, (21´), e Alejandro voltaba a empatar para o Oza pouco despois, (27´). Chegaba a expulsión de Dani García no desconto da primeira metade, (95´).

Na segunda metade Salah, (o do Oza), facía o 2-3 no 54 e repetía no treito final, (87´).

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”