OUTES, LIRA E ESTEIRANA REVIVEN A “COPA DA RÍA DE MUROS” NO SEU 50 ANIVERSARIO

 

Na tarde de hoxe Outes CF, CF Lira e SCDR Esteirana reviven a “Copa de Muros” que cumpre médio século. Unha copa que inmortalizaron nun magnífico libro titulado “O Fútbol na Ría de Muros e Noia 1968-1971”, Domingo Ramos, Manuel Abeijón, Nicolás Torea, Juan Jesús Gestal, Diego Mayo, Antonio Antelo e José Riomao “Xúa” e a foto de portada dese libro, unha instantanea sacada por Ramiro Fernández dun encontro antre o Lira e o Esteiro no campo de Portocubelo, serve como ilustración para o cartel deste 50º aniversario.

O evento deportivo de celebración será un triangular que comezará ás 18:00 horas con un Outes CF-CF Lira, o remate do mesmo xogarán o CF Lira e o SCDR Esteirana para rematar a festa futbolística cun Outes CF-SCDR Esteirana no que se derimirá quen se leva este importante trofeo polo que representa.

Os encontros disputaranse no Municipal do Conchido da Serra de Outes hoxe Domingo 1 de Setembro.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies