Faltaba por saber quenes serían os finalistas da Copa da Costa Cadete e dilucidouse na mañán deste Domingo. O Sofán xogaba no Carral co Outes e eran os da Serra os que se levaban o trunfo por 1-3 e o pase a final do vindeiro 21 de Xuño. Pola sua banda o Dumbría recibía ao Esteirana e pasaban os dumbriess o gañar por 3-0.
O Sofán adiantábase por medio de Rubén, (9´) e non foi ata preto da hora de xogo cando empataba o Outes cun tanto de Francisco, (57´). Hugo con dous goles en 20 minutos, (67´e 79´), completaba a remontada e o pase a final. Adiantábase no outro encontro o Dumbría a media hora de xogo cun tanto de Antón, resultado co que ían o descanso. Na segunda metade Dani Castro facía o 2-0, (50´), e 3 minutos despois Pablo pechaba a goleada e o pase a final.
Con este equipo do CF Dumbría completan as copas da costa deste 2025 metendo a un equipo na final en tódalas categorías, desde os seniro, pasando polo feminino e completando cos xuvenís, cadetes e infantís.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

