OUTES CF-CORME CF SERÁ A FINAL DA “COPA DA COSTA DE XUVENÍS”

 

Outes CF-Corme CF será a final da “Copa da Costa de Xuvenís”

Ainda non é oficial pero Outes CF que empataba no Municipal de Vimianzo, (1-1), e Corme CF que ía gañando por 2-3 no Carral ante o SD Sofán no minuto 85 o equipo sofanista quedaba con menos xogadores dos requeridos o haber 3 expulsados e 2 lesionados que tiñan que abandoar o terreo de xogo, o colexiado Daniel Martínerz suspendía o encontro.

Dende o Corme CF dinnos que : “Autexpulsáronse 3 xogadores e logo simularon lesións outros dous e por enriba lesionaron ao noso xogador Samuel que tivo que sair no minuto 25”, palabras moi duras estas, que son a crónica que nos dan do encontro.

Por lei teranse que xogar eses 5 minutos que xogan, a non ser que a RFGF decida dar o encontro por finalizado vendo o total da eliminatoria que está 3-8 favorable os cormaláns, polo que poñemos na final o Corme CF ata que se demostre o contrario que de ser así quitaríamolo.

A final en principio ía ser en Dumbría pero agora parece ser que se buscará outra sede o xogarse aí a dos senior.

SD Soneira 1-1 Outes CF

Goles : 1-0, Brais, (45´); 1-1, Ryam, (95´)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies