OSCAR “MINGUI” ADESTRARÁ O XUVENIL DO BERGANTIÑOS CF E PABLO AGULLÓ E MARCOS RODRÍGUEZ RENOVAN CO PRIMEIRO EQUIPO.

Óscar “Mingui” na sua derradeira etapa no Cabana SD.

 

Oscar Lema, “Mingui”, novo adestrador do Xuvenil “A”. Terá como axudante e preparador físico a Arsenio Velasco.

Na súa etapa como xogador, Óscar militou no Cabana e no Buño, antes ter a súa primeira experiencia como técnico en prácticas no Bergantiños, cando Javier Oreiro dirixiu ao primeiro equipo do club carballés. Posteriormente, adestrou a Cabana, Montañeros, Once Caballeros, selección coruñesa feminina (como axudante de Gueli) Victoria C.F., onde dirixiu aos xuvenís de Liga Galega e Liga Nacional. Co as incorporacións de Óscar e de Arsenio, o noso Xuvenil A volverá a ter como obxectivo que os xogadores segan a medrar como futbolistas, sen renunciar a estar na pelexa polo ascenso a Liga Nacional.

“Estou moi contento de poder abrir esta nova etapa nun gran club e ao fronte desta boa xeración de xuvenís”, declarou o técnico logo da súa chegada ás Eiroas. “Intentaremos responder á confianza con moito traballo e dedicación”.

 

 

Pabló Agulló co presidnte Luciano Calvo.

 

Pabló Agulló aposta polo novo proxecto do Bergantiños. O futbolista cumprirá a súa terceira campaña nas Eiroas, consolidado como un dos mellores centrais, e mesmo mediocentros, da Terceira galega.

“Estou moi contento pola renovación”, declarou o xogador logo de asinar, co presidente Luciano Calvo, a súa continuidade. “O Bergantiños é un club moi familiar e moi ambicioso e quero devolverlle no campo toda a confianza que puxeron en min. Seguro que vai ser unha temporada bonita para todos”.

 

Marcos Rodríguez renovado

O central cumprirá a súa terceira temporada no Bergantiños, que se asegura para a parcela defensiva contundencia entrega e experiencia. Marcos, que leva once campañas como xogador de Terceira División, será outro dos comodíns de José Luis Lemos, pois pode desenvolverse tanto de central como de lateral esquerdo.

Marcos mostrouse “moi contento de seguir un ano mais neste gran club”. “Quero”, engadiu, “darlle as grazas á directiva polo esforzo que fai tendo en conta a situación que estamos a vivir; son tempos difíciles para todos. Síntome valorado e moi querido, tanto por esta directiva como por toda a xente do club. Esperemos que este ano sexa o do ascenso, non só o obxectivo do Bergantiños, senón o desexo dunha vila que merece ese regalo”.

 

Así o club berantiñán comezou a preparar o equipo para a tempada 2020/21 coa renovación do adestrador, José Luis Lemos, así como as de Yelco, Aarón, Remeseiro e Canedo, aos que lle temos que sumar a nova incorporación de Carlos López, chegado do CD As Pontes, e agora a continuidade de todo un puntal como é Agulló, xogador de calidade e polivalente, así coma a do central Marcos Rodríguez. Causaron Baixa : Rubén Rivera, Granada e Antonio López. 

 

.

 

-Foto e texto renovación : Bergantiños CF/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.