Gilsánz e Couceiro no intre da fiorma do contrato.
Unha boa nova, o Real Club Deportivo e Óscar Manuel Gilsanz González (Betanzos, 4 de xaneiro de 1973) chegaron a un acordo para continuar vinculados as dúas próximas temporadas. Óscar Gilsanz dirixe ao Deportivo Fabril desde o inicio da temporada 2021-2022. Na súa primeira campaña, o filial deportivista logrou a quinta posición no Grupo 1 de Tercera Federación, clasificándose para o playoff de ascenso, no que quedou eliminado en semifinais ante o Ourense CF. Na segunda e recentemente terminada temporada, o segundo equipo branquiazul proclamouse campión do Grupo 1 de Terceira Federación, logrando o ascenso directo a Segunda Federación.
O preparador betanceiro incorporouse á estrutura deportivista ao comezo do curso 2018-19, para facerse cargo do Laracha CF, naquel momento equipo C do RC Deportivo. Despois dun ano afastado dos bancos, regresou á entidade branquiazul para dirixir ao Xuvenil A na temporada 2020-21, que finalizou coa conquista da segunda Copa de Campións de División de Honra da historia deportivista.
Convocatoria de Irene Ferreras para loita polo ascenso da 1ª Feminina
O Deportivo ABANCA pon mañá sábado 9 de xuño o punto e final a unha larguísima temporada que arrincou a mediados do mes de xullo de 2022.
No horizonte das branquiazuis está o reto do ascenso á liga F co partido ás 12:00 (YouTube RC Deportivo e TVG-2) en Abegondo ante o Granada CF correspondente á volta do playoff final.
Para logralo, As Nosas deben gañar o encontro por máis de 2 goles de diferenza ao termo dos 90 minutos ou por 2 ou máis tantos ao finalizar a prórroga, co que igualarían o marcador da ida disputada o pasado sábado no Estadio Novo Os Cármenes (2-0) e lograrían o obxectivo sen lanzar penaltis debido á mellor clasificación na liga: terceiras as deportivistas por quintas as granadinas.
-Foto : RC Deportivo
Texto : Xosé Búa “Pirata/rcdeportivo.es