Óscar Gilsánz e para moitos que seguen o RC Deportivo o que xai tempo que debería ter unha oportunidade no primeiro equipo. Non foi así e leva anos facendo un traballo espectacular na canteira. Non porque veña de trunfar cos xuvenís, senón por todo o seu traballo anterior, que desembocou nesto.
Agora o RC Deportivo ven de anunciarnos a sua renovación e que suplirá a Juan Carlos Valerón. Unha boa nova pois dará continuidade ao seu traballo cos rapaces e sigue a pauta dos clubes que traballan con pouco carto para fichaxes, levando aos adestradores en ascenso cos rapaces, ventaxe ao saber co que traballa.
“O Real Club Deportivo e Óscar Manuel Gilsanz González (Betanzos, 4 de xaneiro de 1973) chegaron a un acordo para continuar vinculados as dúas próximas temporadas.
O técnico Deportivista, que vén de proclamarse campión da Copa de Campións de División de Honra Xuvenil, será o adestrador do Fabril a próxima temporada, ocupando a vacante deixada por Juan Carlos Valerón após a súa saída do Club esta semana”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia