OS XOGADORES DO RC DEPORTIVO COMEZARON HOXE OS ADESTRAMENTOS EN ABEGONDO ONDE HABERÁ DOBRE SESIÓN.

 

Tal e como nos informan dende o RC Deportivo : O primeiro equipo iniciou esta mañá a pretemporada en Abegondo cun primeiro adestramento que arrancou ás 9:30 horas. 

Ás ordes de Fernando Vázquez, e cun corpo técnico que quedará definitivamente configurado “nas próximas horas”, segundo asegurou o Director de Fútbol Richard Barral, estiveron sobre o céspede todos os futbolistas que pasaron as probas médicas o pasado venres; ademais de Claudio Beauvue, que regresou á Coruña durante a fin de semana.

Somma renovou por unha tempada máis

A boa noticia do día foi a presenza de Somma co grupo durante toda a sesión. O futbolista italiano, que asinou a súa renovación por unha temporada máis, atópase na recta final da súa recuperación, que iniciou en Italia e continuou en Abegondo cos Servizos Médicos do Club. Así pois, unicamente Uche exercitouse á marxe do grupo, entre o ximnasio e o campo.

Soamente faltaron hoxe á cita Dani Giménez, que estará uns días cun tratamento específico tutelado polos Servizos Médicos da súa lesión nun cuádriceps; Diego Rolan, co que o Club negocia a saída após completar unha boa temporada en México; e Gaku, con problemas coas ligazóns aéreas para regresar desde Xapón.

Na sesión de hoxe, após un quecemento e rondos, o técnico deportivista dispuxo un circuíto de forza e un partido no campo 2 para concluír o traballo sobre o céspede.

Esta tarde, o cadro adestrarase de novo a partir das 18:00 horas en Abegondo.

MOVEMENTOS NO CLUBE

Con tódolos frontes abertos a espera de que se aclare o “Caso Fuenlabrada”, o clube trata de acadar as renovacións de Borja Valle e Ager Aketxe, que ten oferta do CD Cadiz, pero que abreu as portas a continuidade no clube deportivista no que dixo días atrás sentirse “moi a gusto no clube, na cidade e ca afección”. Todo pasaría pola continuidade na Segunda División, ou unha ampliación de contrato e en caso de descenso a 2ª B unha cesión a outrto clube de superior categoría, como podería pasar tamén con Borja Valle e outros xogadores dos que agora mesmo están a adestrar co equipo.

Antes do final de liga sonou con forza nos mentideiros futbolístticos a posibilidade da volta de Quique González, que sufreu abstracismo no Eibar, que pagara o clube deportivista 1,5 millóns de euros pola sua fichaxe. Nestes intres Richard Barral ten varios noms sobre a mesa, pero todo está a expostas do que pase no “Caso Fuenlabrada”.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es