OS SOCIOS QUE NON TEÑAN CARNET DIXITAL DEBERÁN PASARSE POR TAQUILLA A PROCURA DA SUA ENTRADA PARA O DEPOR-REAL OVIEDO.

 

Os abonados do RC Deportivo que non recibisen o seu carné de abonado e queiran asistir ao primeiro partido en LaLiga Hypermotion, previsto para este sábado 17 de agosto ás 19:00 horas, (17:00 GMT), ante o Real Oviedo teñen dúas opcións:

-Descargar a app do RC DEPORTIVO e ter actualizado o abono dixital.

-En caso non utilizar a vía do abono dixital, deben retirar unha entrada. Para iso, o Club habilitará os despachos de billetes do Palacio dos Deportes o luns, martes, mércores e venres de 10.00 a 19.00 en horario ininterrompido. Para poder retirar esta entrada débese presentar o DNI ou unha fotocopia do DNI da persoa abonada. 

Aqueles que retiren a entrada, non poderán acceder co seu abono, xa que se lle queda bloqueado para ese partido.

O Club está implementando unha mellora tecnolóxica nos accesos a ABANCA-RIAZOR co obxectivo de axilizar a entrada ao estadio consistente nun abono con tecnoloxía RFID. Con iso, con achegar o carné ao lector abrirase automaticamente o torno de acceso.

Nos próximos días empezarase a distribuír a domicilio os novos carnés físicos entre os abonados.

 

Todos os xogadores dispoñibles agás Escudero

Noutro ámbito máis deportivo, Idiakez xa puido contar con Jaime e Yeremay nós adestramentos do grupo, polo que o único que non será da partida será Escudero, a espera da evolución da luxación de cóvado sufrida en Portugal ante o Chaves.

-Información : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies