Os Socios poden optar a invitacións para o Dépor ABANCA-Rayo Vallecano do sábado ás 12:00 en Abegondo.

 

Trala derrota do pasado Domingo ante a Real Sociedad, (2-0), nun choque no que duas xogadas puntuais no final de cada tempo, deixaron sen premio o Deportivo Feminino, e xa toca pensar no próximo rival, o Rayyo Vallecano. Un choque para o que o RC Deportivo porá entradas para disposición dos socios, e xa ten aberto o prazo de reserva das invitacións, tal como nos comunican :

O Real Club Deportivo activa, dentro das esixencias da actual situación sanitaria, o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de Primera Iberdrola do sábado 13 ás 12:00 horas entre o Dépor ABANCA e o Rayo Vallecano.

Poden optar a unha das case 150 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que o soliciten formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es, na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación e de que se poidan realizar desprazamentos, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o xoves 11 de marzo ás 23:59 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para un novo partido de #AsNosas en Abegondo.

Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación, que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva, lembrando que antes de desprazarse a Abegondo deben comprobar se poden viaxar até as instalacións desde os seus lugares de residencia.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, higienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

 

Cambiar imagen

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies