OS SECADOIROS DE CONGRO DE MUXÍA UN BEN PATRIMONIO DA NOSA CULTURA QUE QUEREN DERRIBAR.

O congro seco o vento un producto de alta calidade.

 

Sanidade anda a voltas con secadoiros de congro de Muxía, únicos no mundo e que son un patrimonio historico, cultural e económico de Muxía, da Costa da Morte, de Galicia e poderíamos decir universal, pois son os únicos deste tipo que quedan no mundo.

Máis de 400 anos de existencia e que elaboran un produto sano e único. Pérdese no tempo a historia real de que veciños aragoneses de Calatayud chegaban cos seus burros cargados de cabos de esparto, atravesando toda a zona norte de España para facer o troco cos mariñeiros e levarse para a sua terra o congro seco, á unica maneira de que chegase en boas condición as suas terras e alí porder trocalo o vendelo. Así naceu a famosa receita do “Congro a Bilbilitana”, que segue con total vixencia e que ten o produto elaborado en Muxía, como principal ingrediente. 

Os secadoiros de congro muxiáns foron un motor económico para pobos como Muxía, Camariñas, Fisterra, Laxe, e outros moitos pobos costeiros que abastecían aos 5 secadoiros que había na vila. Moio do crecemento destes pobos chegaba gracias a pesca do congro para a venda aos muxiáns que se adicaban ao artesanal, laborioso e san arte do secado o vento deste preciado peixe. Hoxe en día só quedan dous, o de Juan Díz e o da familia Lema Marcote, (antes de Rosa Rey).

Inexplicable a actitude de Sanidade contra estes negocios artesanais, que nunca tiveron un problema sanitario co seu producto. Todo apunta nesta dictadura encuberta que vivimos a ir a casa a buscar a quen co seu traballo leva toda a vida axudando a economía do país. Impensable que esto pase noutros paises que cuidan, mimán e presumen das suas tradicións.

Dende piratasdemuxia, como muxiáns, galegos e mariñeiros, todo o noso apoio aos secadoiros de congro, aos que os traballan, e a nosa cultura, tradición e historia neste eido.

Son tan importantes os secadorios de congro na cultura muxiana, da Costa da Morte e galega, que en troques de buscar pechalos, debería solicitarse que fosen Patrimonio Universal, pois eso é o que se debería buscar, así como a sua Denominación de Orixe, tal e como se fai en paises que cuidan do seu e os seus productos unicos, e estrela, ocupen o lugar que se merecen, por todo o exposto, e non inventarse motivos para enterralos e dar axudas a macro empresas globais, con productos altamente perigosos en moitos casos.

-Foto : Miguel Díz

-Texto : Xosé Búa “Pirata”