OS PLAY-OFF DE ASCENSO A 2ª DIVISIÓN E A 1ª RFEF XOGARANSE EN GALICIA E ALACANTE RESPECTIVAMENTE.

Riazor apunta a ser unha das sedes.

 

As eliminatorias de Primeira RFEF, onde están en xogo dúas prazas para subir ao fútbol profesional, xogaranse en terras galegas. Ainda sen decidir os campos que albergarían os choques decisivos, que poderían ser principalmente en Riazor e A Malata. Uns escenarios que poderían ser beneficiosos ou non para Depor ou Ferrol, se teñen que xogarse o ascenso neste Play-Off, que segundo como se mire pode ser motivo de apoio masivo e ledicia, ou todo o contrario.

A Comisión de designación de sedes da Real Federación Española de Fútbol decidiu este mércores por unanimidade as sedes das fases de ascenso na categoría Primeira RFEF e na Segunda B-Segunda RFEF, que se disputarán esta primavera de acordo ás datas previstas no calendario oficial.

Fase de ascenso a 2ª División

En Galicia disputarase a fase de ascenso de Primeira RFEF que reunirá aos oito equipos que se disputarán mediante duas roldas eliminatorias as dúas prazas dispoñibles para subir ao fútbol profesional, uníndose desta forma aos dous equipos campións de cada un dos grupos, cuxas posicións garanten nesta tempada e por primeira vez o ascenso de categoría como forma de premiar os méritos deportivos demostrados polos primeiros clasificados.

Campión da 1ª RFEF

Ademais, os dous equipos campións de cada un dos grupos, cuxas posicións garanten por primeira vez esta tempada o ascenso de categoría, disputarán a final que decidirá o campión da categoría.

Fase de ascenso de 2ª B-Segunda RFEF

A fase de ascenso de 2ª B-Segunda RFEF a Primeira RFEF xogarase esta tempada e as duas seguintes na provincia de Alacante, quedando pendente de decisión os recintos deportivos que finalmente alberguen os encontros.

Serán vinte os equipos que se xoguen en terras alacantinas ao longo de dúas roldas eliminatorias as cinco prazas dispoñibles para subir a Primeira RFEF, que se unirán así aos cinco equipos campións de grupo en Segunda B-Segunda RFEF e cuxo ascenso se producirá de maneira automática.

Play-Off de descenso

Ao mesmo tempo disputaranse os dous encontros de play- off por evitar o descenso de Segunda B-Segunda RFEF a Terceira RFEF.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RFEF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies