Os peregrinos navegantes en Vilagarcía.
O “Camiño a vela” saía de La Rochelle, (Francia), o pasado 6 de Xuño e tras percorrer o norte de España e Galicia chegaban o pasado 26 de Xuño recalaba en Muxía como nas 9 edicións anteriores, tras unha xornada de visitas relixiosas, turísticas e gastronómicas, navegaban a Muros onde facían un descanso de cara o derradeiro treito deste singular “Camiño a vela”, unha peregrinación que ademáis de cumprir unha década coincide co Ano Santo. Tras pasar por Muros tocaba Boiro e para finaluzar Vilagarcía da Arousa desde onde emprenderon o Camiño andando para chegar no día de hoxe a Santiago fin da pregrinación.
Antre aplausos e emoción, a Mancomunidade do Salnés e o Concello reciben en Vilagarcía aos peregrinos por mar do Camiño a vela.
A décima travesía O Camiño a vela viviu un dos seus momentos máis emotivos coa chegada dos peregrinos por mar a Vilagarcía de Arousa, onde foron recibidos por representantes da Mancomunidade do Salnés e do Concello nunha xornada cargada de simbolismo e emoción.
Tras partir de Boiro á primeira hora da mañá, os veleiros atracaron en Vilagarcía, último porto de recalada e etapa final da navegación por mar desta emblemática edición do Camiño a vela que cumpre unha década navegando coa bandeira do turismo azul e a espiritualidade do Camiño de Santiago.
Unha xornada de emocións, encontros e festa mariñeira
A Mancomunidade de O Salnés xunto co Concello de Vilagarcía quixeron celebrar esta xornada tan especial cun programa que combinou actividades institucionais, populares, a homenaxe e a festa, reforzando así o seu compromiso cunha experiencia que cada ano gaña máis forza como exemplo de turismo responsable, vivencial e cultural.
A xornada comezou coa chegada dos veleiros ao porto de Vilagarcía, onde os peregrinos desembarcaron para participar nun encontro cos medios de comunicación, que contou coa presenza de representantes da Mancomunidade do Salnés e do Concello.
Seguidamente, o Auditorio Municipal acollía unha recepción onde non faltaron os brindes, as palabras de agradecemento e o recordo de vivencias compartidas nesta décima travesía.
Esta tarde chega un dos momentos estelares do Camiño a vela, a simbólica Traslatio polo río Ulla, evocando a lendaria viaxe do corpo do Apóstolo Santiago nunha “barca de pedra” ata Compostela, representa un dos momentos máis simbólicos do Camiño de Santiago por vía marítimo-fluvial.
Tras esta última navegación, os peregrinos se calzarán as botas para emprender unha camiñada desde Pontecesures ata Padrón, onde poderán participar do rezo do rosario na igrexa local e asistir á misa, pechando a parte espiritual da xornada do luns.
De regreso a Vilagarcía, esperáballes unha última celebración ao grande, a cea de despedida desta experiencia na Praza de Abastos que se tranformará no gran escenario do peche festivo da travesía, amenizada con música, proxeccións e moita emoción compartida. Será o broche de ouro a unha xornada inesquecible.
Mañá, a Praza do Obradoiro lucirá a bandeira do Camiño para #ver.
Hoxe martes, os peregrinos culminarán o seu camiño a pé desde Padrón ata a Praza do Obradoiro. Alí, tras días de navegación e convivencia, vivirán a emoción de completar unha experiencia que conecta a esencia do Camiño coa navegación a vela e o turismo azul.
O Camiño a Vela: dez anos rendendo tributo ao
mar O Camiño a Vela é moito máis que unha travesía náutica. É un verdadeiro tributo ao mar, aos seus portos e á conexión viva entre navegantes e as comunidades costeiras que os reciben.
Esta 2025 marca a décima edición da travesía, consolidándose como unha das formas máis singulares e enriquecedoras de percorrer o roteiro xacobeo. Un aniversario que se celebrou o pasado 16 de xuño en Xixón, coa firma dunha Alianza entre os municipios que formaron parte desta experiencia ao longo da última década.
A 10ª edición do Camiño de Santiago a Vela conta co impulso institucional da Asociación Educación Azul, como embaixadora da mesma.
Conta, así mesmo, con fondos Next Generation a través da colaboración coa Mancomunidade O Salnés (Galicia).
Como sponsorprincipal Repsolse suma de novo á Travesía 2025,así como Touron/Mercury, B&G, Aqualia, Mapfre e o IME como patrocinadores.
-Foto e texto : Prensa “O Camiño a vela”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
