OS PEREGRINOS DA “VIII TRAVESIA O CAMIÑO A VELA” CHEGAN HOXE A PÉ A SANTIAGO TRAS DEIXAR OS SEUS BARCOS EN VILAGARCÍA.

A flotiña peregrina pasou por Muxía a pasada fin de semana.

 

Os peregrinos por mar chegan á Praza do Obradoiro e culminan a oitava Travesía de “O Camiño a vela”

Á primeira hora desta mañá, os peregrinos que participaron este ano na experiencia de turismo náutico “O Camiño a vela” iniciaron a camiñada ata Santiago de Compostela para realizar a pé a última etapa desta oitava Travesía, que pon punto final na Praza do Obradoiro cara ás 13:45 h.

 Santiago recibe esta mañá aos peregrinos por mar da oitava edición de “O Camiño a Vela” que hoxe chegan á súa meta coa foto de grupo na Praza do Obradoiro, onde se lles espera a partir das 13:30 h.

 

Os navegantes de camiño a Santiago.

 

Esta experiencia de turismo azul sostible comezou o 6 de xuño no Porto francés da Rochelle, onde soltaron amarras os 25 veleiros co grupo de peregrinos a bordo de diferentes nacionalidades: franceses, españois, arxentinos e mexicanos.
Ao longo de tres semanas navegaron, na que foi a Travesía máis longa das súas oito edicións, pola costa norte de España, recalando en 12 localidades: Hondarribia, Bermeo e Getxo en Euskadi; Laredo e Santander, en Cantabria, Xixón en Asturias, e Ribadeo, Cedeira, A Coruña, Muxía, Muros, Boiro e Vilagarcía de Arousa, en Galicia.

“O Camiño a vela” navegou pola Educación Azul, lema da Travesía 2023, co obxectivo de “achegar o mar á xente e a xente ao mar”, visibilizando as profesións marítimas como saída ao emprego, especialmente entre os máis novos, a través da educación.

Sobre “O Camiño a vela”
A Travesía “O Camiño a vela” realízase en grupo, en flotilla, para dar a coñecer a experiencia da navegación sostible na costa norte da Península, mostrar as características, cultura e gastronomía de cada localidade na que se recala e atraer navegantes nacionais e internacionais, promovendo o turismo azul.

A oitava edición do Camiño de Santiago a Vela conta co patrocinio de Repsol, QuironSalud e Aqualia, ademais de Mercury Avator e Mapfre e co impulso institucional do Instituto Marítimo Español (IME) e a Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN). Conta con fondos Next Generation a través da colaboración coa Mancomunidade O Salnés (Galicia).

-Fotos e Texto : Mar Lucena/Orgañización

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies