Os máis pequenos do CDM Piragüismo Dumbría despiden a tempada con dúas medallas nos Campionatos Galegos de Promoción de Slalom.

 

Os máis pequenos do CDM Piragüismo Dumbría despiden a tempada con dúas
medallas nos Campionatos Galegos de Promoción de Slalom.

A praia fluvial de Mondaríz acollía a proba que puña o peche a competición das
categorias dos máis pequenos, e ata aló viaxou unha representación do CDM Piragüismo
Dumbría, que regresou da vila do Tea con duas medallas e uns resultados moi
esperanzadores para a tempada que entra.

 

 

En canto ó desempeño dos deportistas consteiros, Vega Cibes e Carmen Llaría foron as
medallistas da expedición dumbriesa, cun segundo e terceiro posto no K1 benxamín
femenino. En canto ó resto do equipo, na mesma categoria Alevín Femenina, Clara López
foi cuarta clasificada e Anais Trillo sexta. Pola súa banda a vimiancesa Iera Lema foi
sexta tanto no C1 coma no K1 infantil femenino.

En canto os rapaces, Yerai Guene rozou as medallas na categoría benxamín masculina
cun apretadisimo cuarto posto a apenas 13 centésimas da medalla. Iván Llaría sigue coa
súa progresión cun noveno posto na categoría alevín, e o debutante Artai Wonenburger
debutou no K1 pre-benxamín co quinto posto final.

Agora so quedan dúas competicións para finalizar a tempada, co Campionato de España
de Slalom que se celebrará o 21 e 22 de outubro en La Seu de Urgell no Parque Olimpico,
e o Campionato Galego de Slalom, que terá lugar en novembro en Dumbría, no Campo
de Slalom de O Couquiño.

-Foto e Texto : Prensa Club Piragüismo Dumbría