Os irmáns De La Sierra toman as rendas do Soneira SD da Liga da Costa.

Si a pasada semana era noticia a exposición “De talle” de Marcelino de la Sierra en Vimianzo, (que se pode ver na Sala de Exposicions Antón Mouzo da Casa de Cultura vimiancesa), desta volta son os seus vástagos os que son noticia pois trala inesperada destitución de Josiño Abelenda do Soneira SD da Liga da Costa son os seus fillos, Jose e Basti os que son noticia, pois serán os que dirixan o equipo vimiancés nos dous encontros que restan de campionato.

Jose de la Sierra, (1989) e Basti, (1993), colgaron as botas no equipo de toda a sua vida fai un par de anos, pero a sua vinculación vitalicia non acabou aí, pois o maior pasou a ser coordinador e adestrador dos xuvenís, e o menor dos irmáns colabora no equipo xuvenil co seu irmán e leva aos benxamíns.

Agora nas duas xornadas que restan de campionato tócalles a difícil tarea de escapar dos postos de arrastre ao atoparse o equipo vimiancés na 11ª posición a 4 puntos do descenso direto pero habida conta de que por mor de ter a 3 equipos da Costa en descenso na Primeira Futgal, podería haber unha sangría de equipos que descendesen a 3ª da Costa, xa que se miramos a táboa dende o 7º, SCD Malpica ata os dous fixos arrastres só hai 4 puntos con 6 en xogo, e de aí para abaixo está,. UD Corcubión, (37), Puenteceso SD, (37), Corme CF, (36), Soneira SD, (35), CD Muros, (35), SD Sofán, (34), e Sorting Zas e UD Monte Louro, (31), este último xa en descenso direto. 

Os irmáns Dela Sierra teñen para finalizar a liga dous choques vitais ante rivais diretos. O vindeiro Domingo visitan ao Sporting Zas e rematan a liga no Irmandiños contra o Corme.

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”