OS IATES DO RALLY GASCUÑA 2024 ANULAN A ETAPA ATA BAIONA E ESTARÁN EN MUXÍA ATA O VENRES PARA LOGO VOLTAR A FRANCIA.

 

O Porto Deportio “Marina Muxía” repleto de iates.

 

Na tarde do Domingo 7 de Xuño chegaban o porto deportivo de MuxÍa os primeiros iates do Rally de Gascuña 2024, as costas traían 4 días de navegación atravesando dende a cidade baneario de Pornic, todo o Golfo de Vizkaia, para ees Golfo de Gascogne. Máis de 400 millas percorridas.

Os navegantes que visitaron o pobo e a disfrutaron da sua gastronomía, tiñan pensado arrancar mañán 9 de Xuño a partires das 07:00 horas, en dirección a Baiona, pero debido as condicións meteorolóxicas con ventos da cadrante sur, decidiron e anuar a etapa ata terras pontevedresas e poo tanto extender a sua estadía en Muxía ata o vindeiro venres e facer a derradeira travesía de volta a Pornic onde contan chegar o 19 de Xuño.

Dentro das actividades que tiñan programado está a de desde Muxía facer unha visita a Santiago de Compostea en bus. Esta é a segunda travesia que chega desde Francia en un mes. Hoxe dende o Concello muxián departiron cos navegantes na procura de crear vínculos cos franceses, asíduos visitantes do pobo, sendo unha escala importante para eles durante todo o ano, ben sexa en navegacións cara o norte ou cara o sur.l

 

Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”