OS EQUIPOS SENIOR DO FISOBER FEMININO E MASCULINO DESPIDEN O ANO CON DUAS VITORIAS PARA CRER.

O 2025 baixa o pano en Dumbría cun sorriso dobre para o Fisober FSF, que viu como os seus equipos sénior, feminino e masculino, asinaban dúas vitorias tan sufridas como necesarias. Dúas xornadas no Conco que deixan algo máis ca puntos: deixan confianza, carácter e a sensación de que este grupo sabe competir cando máis falta fai.

 Preferente Futgal Feminina (X.13)

Fisober FSF 3-2 SD A Gaiola

Fisober FSF:
Sharay, Paula, Ana, Kenny, Saray Duarte
Tamén xogaron: Carla Lago, Carla Beiro, Lara

SD A Gaiola:
Marta Rodríguez, Laura, Estela, Xenia, Noa
Tamén xogaron: Alejandra, Marta Ríos, Ainara

Árbitros:
Francisco Pena Torreira, Mateo Ameneiro Boquete

Goles:
1-0 (14’) Kenny
1-1 (15’)
1-2 (28’)
2-2 (28’) Paula
3-2 (35’) Saray Duarte

 Crónica

Duelo directo, tensión máxima e tres puntos vitais en xogo. Así se presentaba un partido no que ningún dos dous equipos estaba disposto a regalar nada. O Fisober golpeou primeiro preto do descanso, cando Kenny cazaba un rexeite na área, pero a alegría durou pouco e as visitantes empataban case na seguinte xogada.

Tras o descanso, A Gaiola logrou poñerse por diante, mais de novo a reacción foi inmediata. Paula, cun disparo desde campo propio que tocou nunha rival, devolvía as táboas ao marcador. Co pavillón empuxando, as costeiras deron un paso adiante e atoparon o premio definitivo cun tanto de Saray Duarte, que valía un triunfo de ouro.

Nos minutos finais, oficio e cabeza fría para asegurar un 3-2 que permite ao equipo afrontar o parón cunha tranquilidade moi necesaria.

 O sénior feminino pecha o ano con 4 puntos de vantaxe sobre o descenso, á espera de retomar a competición a fin de semana do 10-11 de xaneiro, visitando ao Viaxes Amarelle FS.

 Preferente Futgal Masculina (X.14)

Fisober FSF 5-3 Praias de Barreiros CD

Fisober FSF:
Brais, Champi, Mario, Pablo, Juan Emilio
Tamén xogaron: David, Raúl, Iván, Carlos

Praias de Barreiros CD:
Petric, Aarón, Antonio, Diego, Adilson de Jesús
Tamén xogaron: Adelson de Jesús, Zeus, Mario, Diego Xavier

Árbitros:
Eduardo José Pérez Vecino, Santiago Núñez Lamelas, Hugo Galán Álvarez

Goles:
0-1 (1’)
1-1 (2’) Mario
1-2 (4’)
2-2 (18’) Iván
3-2 (28’) Pablo
3-3 (31’)
4-3 (38’) Champi
5-3 (39’) Mario

 Crónica

O partido non comezou ben para os locais. O Barreiros entrou mellor, dominando e castigando con dous goles de tiro exterior nos primeiros minutos. O Fisober resistía grazas a un tanto de Mario, que mantivo aos costeiros vivos nun inicio complicado.

Co paso dos minutos, o encontro mudou de dono. Os locais gañaron metros, intensidade e confianza, e Iván puxo o empate antes do descanso. Na segunda metade, o dominio xa foi claramente do Fisober, aínda que o porteiro visitante evitaba a remontada durante moitos minutos.

Ata que apareceu Pablo, cun zurdazo espectacular á escadra. O Barreiros volveu empatar, pero a expulsión dun xogador visitante e o empuxe do Conco acabaron por decidir o choque. Champi e Mario, en apenas un minuto, sentenciaron un triunfo que confirma o gran momento do equipo.

 O sénior masculino despide o ano con 9 puntos de vantaxe sobre o descenso e un partido pendente para pechar a primeira volta, que se disputará na fin de semana do 10-11 de xaneiro na pista do Fonsagrada FS.

.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”