O Comarcal, (rosa), visita ao Ribamontán, (raias).
Seis equipos aporta Galicia a 2ª División Nacional Feminina FSF G1
Non comeza a liga ata o 28 de Setembro vísperas de San Miguel, pero os equipos galegos da división de prata de futsal feminino xa coñecen o calendario da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala G1.
As naronesas do Comarcal a Fervenza FSF, clube colaborador da osa web, comezan fora, visitando ao Ribamontán al Mar “A” e as herculinas do Viaxes Amarelle FSF, comezan na casa recibindo ao Stilo Kirol Cluba.
Son un total de 14 equipos os que loitarán polo ascenso a 1ª División, dos que ademáis das coruñesas e as naronesas hai 4 equipos galegos máis. O Valdetires Ferrol FSF, Castro FSF, Ourense Envialia “B”, e O FisgónFutsal.
Polo tanto durante a tempada que constará de 26 xornadas con remate o 16 de Maio do 2020, haberá un total de 12 derbis galegos, o primeiro xa na primeira xornada que enfrontará ao Ourense Envialia “B”, e O FisgónFutsal.
1ª Xornada
(28/09/2019)
Valdetires Ferrol FSF-UDC Txantrea
CD Universidad de Valladoliz-Rodiles FS
CD Pormesas-FSF Castro
Ourense Envialia “B”-O FisgónFutsal
Viaxes Amarelle FSF-Stilo Kirol Kluba
CD Orvina-CDE Muslera “A”
Ribamontán al Mar “A”-Comarcal a Fervenza FSF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es