OS EQUIPOS GALEGOS QUE DISPUTARÁN OS DIFERENTES “PLAY-OFFS EXPRÉSS” SOMETERANSE AOS TEST DESDE MAÑÁ VENRES

 

En marcha. Os equipos galegos que disputarán os diferentes playoffs exprés que terán lugar este verán darán durante as próximas horas/días o primeiro paso para a volta ao rodo. A primeira premisa non é outra que a realización dos test de COVID-19 antes de voltar aos adestramentos. 

A Real Federación Española de Fútbol xa comunicou a pasada semana aos clubs que participarán nas fases de ascenso o procedemento para realizar os test serolóxicos ( Ig G e Ig M). As probas realizaranse os días previos ao primeiro adestramento en grupo e ao primeiro partido de cada club. Para iso, a RFEF chegou a un acordo coa Mutualidad de Futbolistas Españois MUPRESFE para que póidanse realizar o correspondentes test nas sedes propias ou concertadas da Mutualidade de forma gratuíta para todos os membros dos equipos con licenza federativa.

Así mesmo, o día antes do primeiro partido oficial que deba disputar cada un dos equipos e coa finalidade de prover as máximas condicións de saúde posible para todos os participantes na competición, tanto os xogadores como os membros do staff con licenza federativa deberían pasar, se as Autoridades Sanitarias ou Deportivas non o prohibisen ou desaconsellasen, un segundo test.

Os resultados dos test daranse a coñecer de forma totalmente confidencial ao responsable do Departamento Médico da RFEF e ao responsable designado para estes efectos polo club cando sexa un resultado positivo para que o club poida proceder segundo corresponda normativamente e en organización interna.

O Fisgón, o primeiro

O Fisgón de Fútbol Sala será o primeiro equipo galego en someterse aos test serolóxicos. O conxunto marinense, que disputará o playoff de ascenso á Primeira División Feminina de Fútbol Sala, realizará as probas este venres día 5 de xuño pola tarde na clínica da Mutualidade da RFGF en Pontevedra.

En canto aos equipos galegos que loitarán polo ascenso á Segunda División B (SD Compostela, Ourense CF, Arosa SC e CD Barco) será o Compostela o primeiro en realizar as probas. Os futbolistas e o corpo técnico están citados este sábado día 6 a partir das 9.30 horas da mañá na clínica da Mutualidade da RFGF en Santiago de Compostela.

Xa a próxima semana realizarán os test o Arosa SC (o luns día 8 no campo Manuel Jiménez), o Ourense CF (tamén o luns no campo de Oira) e o CD Barco (previsto para o mércores).

A RFGF segue a traballar co resto dos conxuntos galegos que tomarán parte nestas fases de ascenso exprés para determinar a data na que terán que someterse aos test de COVID-19.

Agradecemento á RFEF

A RFEF chegou a un acordo coa Mutualidade de Futbolistas Españois MUPRESFE para que póidanse realizar o correspondentes test nas sedes propias ou concertadas da Mutualidade de forma gratuíta. Cómpre salientar que serán os servizos médicos da Mutualidade os encargados de realizar as devanditas probas.

 

 

PLANIFICACIÓN PARA A REALIZACIÓN DOS TEST

CLUB

DÍA

LUGAR

HORA

PLAYOFF ASCENSO – TERCEIRA DIVISIÓN

SD COMPOSTELA

SÁBADO 6

CLÍNICA MUTUALIDADE SANTIAGO

9.00-11.30 HORAS

OURENSE CF

LUNS 8

CAMPO DE OIRA

PENDENTE

AROSA SC

LUNS 8

CAMPO MANUEL JIMÉNEZ

16.00 HORAS

CD BARCO

MÉRCORES 10

LOCAL SOCIAL MUNICIPAL

18.30 HORAS

PLAYOFF TÍTULO – PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA FÚTBOL SALA

BURELA PESCADOS RUBÉN

SÁBADO 6

PAVILLÓN BURELA

13.00 HORAS

OURENSE ENVIALIA

LUNS 8

PENDENTE

PENDENTE

PLAYOFF ASCENSO – 2ª DIVISIÓN FEMININA FÚTBOL SALA

VIAXES AMARELLE FSF

SÁBADO 6

CLÍNICA MUTUALIDADE A CORUÑA

10.00 HORAS

O FISGÓN FUTSAL

VENRES 5

CLÍNICA MUTUALIDADE PONTEVEDRA

16.30 HORAS

VALDETIRES FERROL

PENDENTE

PENDENTE

PENDENTE

PLAYOFF ASCENSO – 2ª DIVISIÓN B FÚTBOL SALA

LEIS PONTEVEDRA FS

LUNS 8

CLÍNICA MUTUALIDADE PONTEVEDRA

10.30 HORAS

PLAYOFF ASCENSO – 3ª DIVISIÓN FÚTBOL SALA

STELLAE FS

PENDENTE

PENDENTE

PENDENTE

ACD LUGO SALA

XOVES 11

PENDENTE

PENDENTE

ESTRADA FUTSAL

LUNS 15

PENDENTE

PENDENTE

O PARRULO FERROL

XOVES 11

PENDENTE

PENDENTE

 

IMPORTANTE: Seguindo ás indicacións da RFEF comunicarvos que os medios de comunicación (tanto gráficos como escritos) non poderán acceder ao interior dos recintos nos que se levarán a cabo os test. Poderedes agardar, se é do voso interese, na porta de entrada. Malia todo, o departamento de comunicación da RFGF fará chegar material gráfico do interior ao longo de cada xornada.

 

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Texto . Gabinete de Comunicación da RFGF.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.