2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3
O ED As Miúdas disfruta dun gran trunfo.
ED As Miúdas 5-0 Amio SD
Levouse con claridade o equipo muradán o duelo do “vagón de cola”, nun choque no que as de Muros ían o descanso con 2-0, con goles de Sofía, (30´) e Patri, (37´), este último de penalti. Na segunda metade as rapazas que dirixe Juan Carlos Iglesias, deixaban o choque resolto gol goles de Saray, (60´), e Marta, (66´). A “manciña” completábaa Patri nos derradeiros intres do choque, (88´).
A liga para polo Entroido ata o día 6 de Marzal, (17ª xornada), cando o ED As Miúdas visita no “Juan Amado” de Pontevea, ao Praiña Sporting Club. As muradanas seguen na penúltima praza con 5 puntos, 4 máis co colista Amio SD.
Xallas FC 0-4 CF Noia
O lider deixou resolto o choque na primeira media hora de encontro no “A Fontenla” de Santa Comba, con goles de Sara, (10´), Celia, (15´) e María, (30´). Na segunda metade Xulia completou a goleada e finiquitou o encontro aos 5 minutos da reanudación, (50´).
A liga para polo Entroido ata o día 6 de Marzal, (17ª xornada), cando o Xallas FC visita no “Municipal do Sergas” de Amio ao Amio SD. As xalleiras continúan na 7ª praza con 13 puntos, moi lonxe da 6ª que ocupa o CD Unión, con 25 puntos, e 3 por enriba do Victoria FC “C”, 8º clasificado.
UC Cee 6-0 Praiña Sporting Club
Prácido encontro das ceenses que xa deixaron o choque resolto na primeira metade con goles de Sharay, (2`e 31´), e Lucía Canosa, (16´). Na segunda metade, que lonxe de especular, buscarón a sentenza, Saray, (54´), e Lucía Canosa, por partida dobre, (66´ e 83´), completaban o “ste en branco”.
A liga para polo Entroido ata o día 6 de Marzal, (17ª xornada), cando o UC Cee visitará ap CD Unión, (8º), no “CM de Vilas” de Xallas, (Cee), ao lider Praiña Sporting Club. Con esta vitoria as ceenses continúan na 2ª praza, agora con 31 puntos a 4 do lider CF Noia, e a 1 do novo segundo clasificado, SR Calo.
UD Cerqueda 4-1 CD Unión
Encontro máis complicado do que refrexa o marcador e no que os equipos chegaron o descanso co marcador inicial de 0-0, pero no que as rapazas dirixidas por Jorge Guillamet, fixeron unha segunda metade extraordinaria, remontando o gol de Sara, (56´), para as visitanetes, con goles de Aana María, (60´), Isabela, (56´), e Naroa, por partida dobre, (87´e 93´).
A liga para polo Entroido ata o día 6 de Marzal, (17ª xornada), cando o UD Cerqueda descansa. Con esta vitoria as cerquedenses seguen na 5ª praza, agora con 28 puntos a 1 do Cacheiras SD, que marca as posicións de promoción de ascenso.
OUTROS RESULTADOS
SR Calo 2-1 Cacheiras SD
Descansou : Victoria CF “C”.
-Foto : Chema Caamaño
-Texto : piratasdemuxia