OS ENCONTROS DA PRETEMPADA SON PARA OUTRAS COUSAS FORA DO RESULTADO.

 

Cada ano cando chegan os amigables de pretempada un queda perplexo vendo o que se fala nas redes sociais. Parándose uns minutos, (moi poucos) a ver i que se dí en redes e chats de webs informativas, poden lerse animaladas do estilo de quen é bo, ou quen non vale para nada. Quen vai marcar tantos goles, e qun ningún. A situación que vai a ter o equipo na táboa clasificatoria da liga, etc, etc…

Todo un cúmulo de despropósitos, que parecen sacados de mentes infantís, da lectura excesiva dos “Contos dos irmáns Grimm”.

As pretempadas son para que os xogadores vaian collendo fondo físico, coñecemento cos compañeiros, pautas e rutinas de exercicios, e vaian asimilando as ideas futbolísticas do adestrador, sobre todo, ademáis de mitos outris detalles.

Todo elo pensando no “pan e mantequilla”, que decía o ex adestrador deportivista, Jonh Benjamin Toshack, que valdría de exemplo para os “iluminatwit”, de que unha pretempada non é só resultados e “tiki-taka”. O galés fixo posiblemente a mellor pretemporada da historia recente do RC Deportivo, anta chegando a endosarlle 7 goles ao Bayern Munich. Logo no “pan e mantequilla”, (a liga), loitamos ata o final por non descender cun equipo de figuras.

En Vilalba o Depor xogou o seu primeiro amigable da pretempada 2021/22, neste caso de novo en Vilalba, ante o Racing Vilalbés. Gañouno, sen florituras por 1-2, cunha primeira metade meritoria e unha segunda máis espesa. Con 11 xogadores na primeira metade e con 11, máis un troco na segunda.

Só o carrusel de trocos é suficiente para comentar nada máis co tácrico neste encontro.

Birja Jiménez apostou por un 1-4-3-2-1, nos primeiros 45 minutos, con Ian Mackay na porta, cunha defensa formada por Mackay , Lapeña, Pablo Trigueros, Dani Barcia, e Aguirre formando a defensa. Álex Bergantiños, e Rafa de Vicente, no dobre pivote, tendo por siante, a William, Menudo, e o xove xuvenil, Yeremay , con Miku na punta de lanza. 

Este “ince” leeu moi ben o rival, (con moitos menos adestramentos ca eles), e ante a imposiblidade de facer dano polas bandas, optaron, acertadamente, por facer dano polo centro, obrigando o rival a tapar e deixar máis soltas as propias bandas.

Víronse detalles dalgún coma Barcia, De Vicente ou Menudo, e o máis destacable, que por fín hai xente que sepa sacar un saque de curruncho ou unha falta, (como tamén pasou na segunda metade).

Borja Jiménez xa na segunda metade optou por un 1-4-4-2, co xobe, Alberto baixo paus, cunha liña defensiva formada Iván Guerrero, Juan Rodríguez, Borja Granero, e Héctor Hernández. O medio do campo foi para, Josep Calavera,  (Mella, no 74´), Juergen, Gandoy, e Villares, con Alberto Quiles, e Noel, na dianteira.

O equipo estivo máis espeso, mellorou o Vilalbés, en espexcial en canto tivo máis xogadores co ritmo da primeira metade e os folgos seguín bos.

Non qur isto decir que o promeiro sistema que usou é mellor. Son circuntancias, é un adestramentos para ir collendo ideas. Logo o “once”, sairá dunha mezcla destes dous, ou dos que ainda están por chegar, (3 ou 4, salvo saidas, segundo o adestrador).

Foi un encontro de adestramento, o cal a todos nos gusta gañar, pero decididamente é o de menos. O importante e que os xogadores, canto primeiro mellor, se coñezan no terreo de xogo, collan os conceptos e os leven a cabo, para chegar a primeira xornada de liga, o máis conxuntados posibles, e que se colla o rumbo de equipo canto primeiro mellor, sen esperar moitas xornadas, e logo tratar de agunatalo o máximo posible.

 

Amigables do Depor

Viveiro CF – RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana

Bergantiños FC – RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas

Depor-Ponferradina, 8 de Agoto, “Trofeo Teresa Herrera, (sin confirmar)

Real Madrid Castilla-Depor, 15 de Agosto, (anunciado polo Real Madrid, e ainda non o fixo o RC Deportivo).

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia