OS DOUS ERROS MONUMENTAIS POLOS QUE SERÁ LEMBRADO TINO FERNÁNDEZ…

A destitución de Fernando Vázquez nunca será perdoada.

 

A sombra de Tino Fernández é tan longa que non deixou ver a luz no curto mandato de Paco Zas, e prolongarase no tempo por sempre. Non será lembrado pola remodelación de Riazor, hoxe en día un dos campos máis fermosos de Europa,  e que segue inacabado, sen o museo e sen a cuberta exterior. Co marcador máis grande e espectacular do fútbol español, europeo e pódese decir que mundial. As luces extraordinarias que fan que un partido de noite se vexa tan craro coma de día. A creación do equipo feminino e o da Liga Genuine, a remodelación das instalacións de Abegondo, ou a xestión da débeda que asfixiaba o clube. Os buses de balde para os afeccionados por toda España, ou a modernización tecnolóxica do clube.

Tino Fernández será lembrado por dous erros monumentais. A nefasta xestión do asasinato de Jimmy, co peche da grada de “General”, e a rocambolesca destitución de Fernando Vázquez, por unha frase sacada de contexto, como disulpa para votalo e sen deixar explicarse ao de Castrofeito.

Tentou rectificar, mal tarde e arrastro o tema de Jimmy, e postulouse como parte denunciante do asasinato, pero non consigueu tapar o erro, e con respecto ao tema de Fernando Vázquez, non se fixo nada e deambulamos de adestrador en adestrador sen que ningún fose capáz de conectar coa afección como o fixerá él, amén de galeguizar un clube que ten a grande maioría de galego-parlantes.

Agora parece que Fernando Vidal postúlase como o próximo en sentar no sillón da Praza de Pontevedra e o primeiro que sona é a volta do de Castrofeito, un talento ansiado pola grada e que veu como no ascenso que acadou ante o Jaén, deu a volta o estadio recibindo o cariño dos afeccionados.

Parece que o “Harry Potter galego”, voltará a correr a banda en cada gol, e si así é benvido sexa ese halo de ar fresco que tentará remediar a desfeita na que estamos metidos por unha nefasta administración do primeiro equipo e devolver a comunión da grada co equipo. Constanos que houbo unha xuntanza con él nun restaurante coruñés e que a sua fichaxe está pechada e será presentado a vindeira semana.

Hai erros que se perdoan e ata se chegan a esquecer co tempo, pero estes prolongáronse no tempo e quedarán aí por sempre.

Esperemos acontecementos e se entra Vidal, que se foi pola porta datrás calado, disconforme ca xestión na marcha de Fernando antre outras cousas, teña ese intre de claridade que fai falla para mirar o que pasa e buscarlle solucións conformes para todos, e non para o amigo dos despachos que actua sen ter e conta a ninguén e contra a voluntade de todos. Que sexa un presidente do deportivismo e para o deportivismo.

Forza Depor sempre, nas boas, nas mellores, malas e nas peores…

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.