OS DEPORTISTAS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRIA QUEDAN AS PORTAS DAS FINAIS NA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM CELEBRADA EN MONDARIZ BALNEARIO.

Iago Canosa no K1 senior e Marco Antonio Oreiro no C1 senior se quedan nas semifinais.
A primeira proba da Copa de España de Slalom, coa que arrancaba o calendario nacional tivo
lutgar este fin de semán en Mondariz Balenario. Cun caudal alto no rio Tea polas precipitacións
dos días anteriores, o percorrido presentaba un aspecto optimo.

Os deportistas dumbrieses, Iago Canosa e Marco Oreiro, en K1 e en C1 respectivamente non
alcanzaron para meterse nas finais a pesar de facer unhas boas mangas na xornada de sábado, e
xa o domino debido ás malas condicións climatolóxicas e o aumento do caudal do Tea se decidiu
suspender a proba.

A vindeira cita desta Copa de España de Slalom terá lugar en La Seu de Urgell entre os días 28 e
30 de marzo.

-Foto e Texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría