Os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría acadan tres medallas representando a Galicia no Campeonato de España de Slalom por Autonomías.

O equipo de representanrtes do clube dumbriés.

Os costeiros lograron ademáis clasificarse para cinco finais nos Campeonatos de
España de Jovenes Promesas disputados en Sabero (León)

A vila leonesa de Sabero acollía a disputa dos Campionatos de España de Xoves Promesas, así coma os Campionatos de España Por Comunidades autónomas na canle de augas bravas de Alejíco.

Na competición por seleccións autonómicas, os seleccionados eran Sara Fernandez Romar e Xesús Pena Cundíns na categoría infantil, e Brais Sanchez Cancela e Martín Fernandez Romar na Cadete, asistindo ademáis Xián Caamaño coma suplente entre os infantiles e Marcos Sachez Cancela coma técnico asistente do equipo.

Todolos rapaces do clube tiveron unha actuación destacada, pero os infantiles foron quenes de subir ó podium, sendo o equipo formado por Sara Fernandez, e máis as deportistas do Quixos de Monforte Nerea Guitierrez e Sara Diaz do Clube Tea de Mondariz bronce no K1 femenino, mentras que Xesus Pena Cundíns lograba subír duas veces ó podium, tanto no C1 (Plata) coma no K1 (Bronce) formando equipo con Jacobo Rodríguez e Pablo Alfaya, tamén do Quixos e do Clube Tea respectivamente.

En canto ás competicións individuais, cinco foron as clasificacións para finais logradas polos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, destacando o quinto posto final de Xesus Pena en Canoa, e o octavo en Kayak. Pola súa banda Sara Frenandez foi octava tanto en canoa como en Kayak infantil femenino. Nesta mesma categoría, Xian Caamaño non foi quen de menterse nas finais, pero mesmo así fixo unha boas mangas clasificatorias. Finalmente foi decimoctavo,

Na categoría Cadete, dos dous representantes do CDM Piragüismo Dumbría, so Brais Sanchez foi quen de meterse na final da súa especialidade, o C1, mentras que tanto él coma o seu compañeiro de equipo Martín Fernandez quedaron fora das finais entre os Kayaks, clasificandoseo de xestosa finalmente noveno, nunha final na que lle pesaron muito as penalizacións.

Desta maneira se poña o colofón á competición nacional neste ano por parte do CDM Piragüismo Dumbría. A vindeira proba será xa a última do ano, o 26 de Setembro en Mondariz Balneario.

 

BBrais Sanchez en acción.

 

Sara Fernandez nun intre da proba.

 

Minchi no podium.

 

Sara no podium.

 

-Fotos : Carlos Fernando

-Texto : CDM Piragüismo Dumbría

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies