OS CLUBES DA COSTA FIRMAN UN COMUNICADO UNÁNIME EN FAVOR DO RC DEPORTIVO.

O RC Deportivo tamén estivo o noso carón cando foi do Prestige.

 

Por unha vez os máis de 40 equipos do fútbol da costa, o de maior seguimento do fútbol afeccionado galego, están dacordo en unha cousa. Na inxustiza e o despropóisto que está a sufrir o RC Deportivo. Inda non sabemos nada da RFGF, a pesares de que cáseque a metade dos galegos, (segundo o INE o 45%), son deoprtivistas, pero unanimemente o fútbol costeiro defende e apoia ao RC Deportivo, o noso equipo de fútbol máis seguido e sobranceiro, que sempre está a carón do fútbol modesto.

O noso agradecemento e a nosa satisfacción por este comunicado, dunha zona na que hai milleiros de deportivistas e que saben ser agradecidos.

 

COMUNICADO DO FÚTBOL DA COSTA EN APOIO AO DEPORTIVO

A costa da Morte é unha bisbarra de moi fonda raigame e tradición
futbolística, aquí sentimos o fútbol de xeito especial e ese sentimento
levámolo canda nós en incontables ocasións ata o estadio de Riazor cando
xoga o R.C. Deportivo da Coruña, clube referente do noso fútbol.

Dito isto, e ante as graves consecuencias que esa inexistente derradeira
xornada de Liga da Segunda División pode acarrear para o equipo herculino,
o fútbol da Costa da Morte apoia as medidas levadas a cabo polo propio
clube, pero tamén as de institucións coma o Concello da Coruña e a propia
Xunta de Galicia, despostas a esixir todas as responsabilidades que sexan
precisas, encamiñadas a clarexar as posibles neglixencias nas que se
houbese podido incorrer.

O fútbol tamén é solidariedade, veciñanza e encarna uns valores que
endexamais deben lixarse. Velar por eles significa implicarse ante as
dificultades. A igualdade é a base do xogo limpo, e sen esa premisa calquera
competición fica adulterada e perde sentido. Por iso mesmo, todos os
abaixo asinantes estamos co Depor, e neste intre todos na Costa da Morte,
vestimos a camisola branquiazul.

Equipos que asinan o cumunicado

SD AMEIXENDA
CD BAIÑAS
CD BAIO
BERGANTIÑOS CF
SCD BUÑO
CABANA SD
CAMARIÑAS CF
CAMELLE SD
CF CASTRELO
CASTRIZ SD
UNION CLUB CEE
UD CERQUEDA
UD CORCUBION
CORISTANCO SD
CORME CF
DUMBRIA CF
ESTEIRANA SD
FISTERRA SD
SD LAXE
CF LIRA
SCD MALPICA
MAZARICOS CF
UD MONTELOURO
CD MUROS
MUXIA CF
CD NANTON
OUTES FC
SD OZA
A PEREIRIÑA
PORTEÑO CF
PUENTECESO SD
SAN LORENZO SD
SOFAN SD
SONEIRA SD
SPORTING SEAIA CF
VOLANTES DE BAÑO FC
XALLAS FC
SPORTING ZAS

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es/clubes da costa

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies