OS CLUBES AFECCIONADOS DA ZONA DE SANTIAGO TAMÉN PIDEN QUE SE ANULE A COMPETICIÓN ESTE CURSO.

 

O FÚTBOL REXIONAL PODE AGARDAR UN ANO MÁIS, A SAÚDE NON

Primeiro foron os clubes da costa os que mandaron unha carta o presidente da RFGF, Rafael Louzán, pedindo que se tivese a saúde por enriba do fútbol, dada a complicada situación polo COVID-19, unha carta que tamén foi enviada o Conselleiro de Sanidade da Xunta. Agora son os clubes da Zona de Santiago, os que nos fan chegar a carta que lle fixeron chegar o máximo mandatario do ente deportivo galego, o conselleiro de sanidade da Xunta e o secretario de deportes :

 

CARTA DOS CLUBES DE 1ª, 2ª e 3ª Rexional da Zona de Santiago  :

Sr. Rafael Louzán Abal

Presidente da Federación Galega de Fútbol. Santiago de Compostela a 20 de Setembro de 2020

A relación dos 56 equipos que abaixo se citan representamos o 62,22% dos clubes de 1ª, 2ª e 3ª rexional da Subdelegación de Santiago e, aínda que, de seguro esta porcentaxe se pode extrapolar a calquera das subdelegacións da FGF, por medio do presente escrito, queremos facerlle chegar a nosa posición respecto á proposta da FGF de comezar as ligas rexionais o vindeiro 1 de novembro, permitir adestramentos con contacto dende outubro e sobre a viabilidade dun posible protocolo de actuación debido á COVID-19.

1.- Co actual estado da pandemia (máis de 4.000 infectados en Galicia, levamos case un mes practicamente con algunha morte diaria, seguen incrementándose as persoas ingresadas nas UCI e os hospitalizados, etc) e sen tan sequera ter rematado o verán, consideramos unha irresponsabilidade comezar as ligas de fútbol rexional (non profesional) en novembro, e adestramentos con contacto en outubro, sen saber como se vai a comportar o virus na época de frío coincidindo con outras enfermidades como a gripe, por exemplo.

Se non se autorizou o deporte de contacto no mes de xuño, cando apenas había contaxios e tiñamos todo o verán por diante. Que sentido ten autorizar o deporte de contacto nas portas do inverno cando nos atopamos nun situación epidemiolóxica moitísimo peor e, tendo en conta que asociacións coma a “Sociedad Española de Medicina Deportiva” consideran que non debe haber deporte de contacto nestos momentos.

2.- Somos clubes de fútbol afeccionado, non somos profesionais, e polo tanto non supoñemos unha actividade económica. Ningún dos xogadores das ligas rexionais dependen economicamente do fútbol. Todo o contrario, o fútbol é unha afición, un hobbie, estes xogadores dependen de outros traballos (en empresas que son necesarias para a recuperación económica) ou son estudantes. Na maior parte dos supostos, o fútbol supón máis gastos e sacrificios que ingresos ou beneficios.

Polo tanto cremos que non ten sentido comezar unhas ligas que non aportan economicamente nada mentres no país temos unha serie de actividades económicas con bastantes restricións e outras, coma o ocio nocturno, verbenas, etc continúan pechados.

3.- Os clubes consideramos inasumible tanto por parte dos directivos coma dos xogadores asumir o risco de contaxiar a terceiras persoas. Moitos deles conviven cos avós, pais, persoas de risco, etc. Cre vostede dende a FGF que é necesario que estas persoas se expoñan ao contaxio?

Dende as directivas dos clubes non queremos vivir co cargo de conciencia de que algún dos nosos xogadores poida perder a súa propia vida ou a un ser querido por xogar nunha liga rexional, ou poida perder o seu posto de traballo por verse sometido a unha ou varias corentenas durante a tempada de fútbol.

4.- No protocolo vanse a incluír unha serie de condicionantes e requisitos no uso dos vestiarios. Tal e como están a maioría das instalacións deportivas, os clubes nos veríamos na obriga de non poder utilizar os vestiarios, pola imposibilidade de cumprir a distancia de seguridade entre os xogadores mentres se cambian ou mentres os adestradores dan as indicacións.

Isto conleva a que, en pleno inverno, con choiva, con temperaturas baixas, os xogadores teñan que ir de volta nos coches para a casa sen ducharse nin cambiarse, con desprazamentos de preto dunha hora. Con esta medida o único que estamos é pondo en risco a saúde dos nosos xogadores, posto que o feito de non poder ducharse no campo despois dunha actividade física intensa vai favorecer que haxa máis casos de resfriados, febres e gripes. En consecuencia, máis síntomas compatibles coa COVID-19, polo tanto máis corentenas e máis PCRs, cun sobrecuste económico e social innecesario.

5.- A FGF que vostede preside preténdenos vender o argumento que se non hai liga rexional esta tempada, os clubes desaparecemos. Non é certo, é todo o contrario. Se esta tempada non xogamos, os clubes apenas imos a ter costes, polo tanto non habería ningunha razón para que desaparezamos.

Sen embargo, se temos que vernos inmersos nunha competición ligueira, imos ter os mesmos costes de tódolos anos, os sobrecostes por mor da COVID-19 e moitos menos ingresos. Non imos poder vender practicamente entradas, non imos poder explotar a cantina, debido a crise, vai ser máis difícil conseguir socios ou buscar patrocinadores, moitos clubes realizaban actividades en festas ou verbenas que agora non poden levar a cabo, etc

En definitiva, competir este ano SÍ pode ser a ruina de moitos clubes.

6.- Non ten sentido o fútbol rexional a porta pechada ou con aforos limitados. Segundo o protocolo tódolos aficionados que asistan ao campo teñen que estar sentados e con distanciamento de 1,5 metros. Vostede coñece os campos destas categorías e as dimensións das gradas (cando as hai) pero, nun día de choiva, a cuberto, apenas collerían 10 persoas. En realidade cre vostede que todo isto é necesario?

7.- A FGF non pode descargar a responsabilidade dun posible brote nun encontro de fútbol rexional na figura do chamado ‘’responsable de protocolo e hixiene’’ que será o responsable último de que se cumpran os protocolos, distanciamento, aforo, uso de máscaras, desinfección, etc. Como ben dixemos antes, estes clubes son totalmente sen ánimo de lucro e, por tanto, consideramos que non é de recibo que toda esa gran responsabilidade recaia sobre ningún membro do clube, se non que tiña que recaer na propia FGF que é a que nos OBRIGADES a xogar baixo ameaza de descenso de categoría.

8.- Non pode ser, que nos pretendan cargar os costes dos test serolóxicos para tódolos xogadores, adestradores e delegado, porque a FGF non está disposta a asumir este custe. Nos ofreceron a posibilidade da realización dun test rápido ao inicio da competición e a partir dese momento todos os contactos estreitos sen máscara, durante os adestramentos e partidos, non van ter ningún tipo de control sanitario salvo que aparezan síntomas compatibles coa COVID-19. Se no protocolo se obriga á realización dos test, a 60€ o test, supón uns 2.000€ para cada clube cada vez que se repitan as probas. Eu non sei se vostede señor Louzán sabe que o orzamento medio dun clube de 2ª e 3ª rexional pode rondar entre os 10.000 €e 15.000 € anuais. É dicir, queren que gastemos nos test entre un 20% e un 13% do noso orzamento, sen contar que os gastos federativos se manteñen igual, e os ingresos vanse ver moi limitados.

Tampouco está aclarado aínda a quen se lle vai a imputar o coste da instalación da cámara con sensor de temperatura. De ser a cargo dos clubes, estaríamos a falar de máis de gastos. INVIABLE.

Por outra banda, a FGF tampouco nos dá ningunha garantía de que nos vaian a devolver a parte non consumida da prima da mutualidade desta tempada (tal como aconteceu o ano pasado no que non se disputou aproximadamente o 25% da competición sen que nos devolveran un só euro), no suposto máis que probable de ter que suspender a competición.

9.- Nos parece unha irresponsabilidade que se permita que todas as semanas, en cada partido de fútbol, se xunten 22 persoas como mínimo, que non son da mesma unidade de convivencia para realizar un deporte de contacto ao aire libre e baixo as inclemencias meteorolóxicas. Estas persoas, como dixemos antes, non van a ter ningún control sanitario salvo que teñan síntomas, o que significa que podemos estar espallando a COVID-19 porque non se fai ningún seguimento e as autoridades sanitarias son coñecedoras que un dos maiores vectores de transmisión neste momento son os enfermos asintomáticos. Seríamos cómplices e partícipes da propagación da pandemia polo interese puramente económico da FGF de activar as competicións de fútbol a calquera custe.

10.- Recoméndase o uso de máscaras, pero neste deporte é imposible xogar con elas, porque se ve reducida a capacidade respiratoria, móllanse polo suor ou a choiva, e como se trata dun deporte de contacto en calquera momento pode ser desprazada, arrincada… E xogar sen elas é romper con todas as recomendacións sanitarias que existen en calquera outro eido neste nova normalidade que nos toca vivir.

11.- Nos parece intolerable que, de disputarse as Ligas Rexionais, se un partido non se pode disputar por ter xogadores COVID positivos, ou porque un determinado municipio ten as instalacións pechadas, se lle poida dar o partido por perdido ao ‘’causante’’. Polo tanto, entendemos que nos atoparíamos ante unha competición totalmente adulterada. Xa que mentres un equipo teña os xogadores en corentena quince días, ademais de perder dous partidos consecutivos 3-0, non vai poder adestrar, e mentres, que os demais equipos si o van a facer.

Por todo o anteriormente exposto, rexeitamos o comezo da competición ata que as condicións sanitarias sexan as óptimas, os nosos xogadores e directivos non corran riscos de contaxio, e os cubles non se vexan perxudicados polas aplicacións dos protocolos. Con isto non nos negamos a que haxa tempada, posto que o que todos queremos é xogar, pero non nestas condicións. No caso en que as condicións cambien en xaneiro, febreiro, marzo ou cando sexa, estaríamos dispostos a valorar comezar a competición pero, os clubes somos conscientes que comezar a competición neste momento pode traer máis perxuicios que benefecios para toda a sociedade e para a evolución da pandemia.

Así pois, rogamos que se aplique o sentido común, se lle dea prioridade á saúde da xente, á economía e que os centros educativos se poidan desenrolar con normalidade.

Non tiremos co traballo e sacrificio feito dende o 14 de marzo, teñamos un pouco de consideración co persoal sanitario que segue ao pé do canón combatendo o virus mentres que outros pensan en xogar ao fútbol.

 

O FÚTBOL REXIONAL PODE AGARDAR UN ANO MÁIS, A SAÚDE NON

 

NOTA: Para a presentación deste escrito consultouse a tódolos clubes da delegación de Santiago de 1ª, 2ª e 3ª Rexional sendo o resultado o seguinte:

A favor do escrito e, polo tanto, de non competir ata que a situación sanitaria o permita e non represente un risco para os nosos xogadores, directiva, aficionados e toda a familia do fútbol rexional, nin conleve unha merma económica para os clubes.

 

56 EQUIPOS (62,22%)

1.- SD ABANQUEIRO                    29.- SP LAMPÓN

2.- AGRÓN-BARCALA CF            30.- LARO CF

3.- SD ARAÑO                                 31.- LESENDE CF LOUSAME

4.- CD ARTES                                  32.- SD LUAÑA

5.- ATLETICO OLEIROS                33.- MANUEL PELETEIRO

6.- ATLETICO OROSINO               34.- MILLADORIO SD

7.- SD BANDEIRA                          35.- O PINO SD B

8.- BAROÑA CF                              36.- SH PALMEIRA

9.- CD BERRES                                37.- PORTO DO SON

10.- CF BIDUIDO                            38.- PORTOMOURO CF

11.- SD BRIÓN                                 39.- PRAÍÑA SP CLUB

12.- SD CACHEIRAS                      40.- UD QUEIRUGA

13.- SR CALO                                   41.- RACING SAN LORENZO

14.- SR CALO B                               42.- CF RARÍS

15.- CAMPO DA ANGUSTIA        43.- SDC RECESENDE

16.- CAMPORRAPADO                  44.- RESMÓN CF

17.- SD CARCACIA                        45.- SANTA CRUZ DE MONTAOS

18.- CARREIRA CF                         46.- CCD TARAGOÑA

19.- COGALRODEIRO CF             47.- TORDOIA CF

20.- CROCHA BALOMPÉ              48.- TORDOIA CF B

21.- CURES SD                                49.- TRAZO CF

22.- SD DEIXEBRE                         50.- URDILDE SD

23.- SD DUBRA B                           51.- VEA CF

24.- ESCLAVITUD SD                    52.- VILATUXE FC

25.- FLAVIA SD                              53.- VAL DO ULLA UD

26.- FURIA ATHLETIC                   54.- VAL DO ULLA UD B

27.- CD GALICIA-BEALO             55.- CF VISTA A LEGRE

28.- CD GUIMAREI                        56.- CF VISTA ALEGRE B

No día da presentación do escrito, quedan pendentes de apoiar ou non o presente documento, por ter que realizar unha xuntanza previa a directiva e/ou os socios ou ben porque por algún motivo aínda non se decidiron a pronunciarse nin a favor nin en contra, os seguintes clubes:

 

25 EQUIPOS (25,56%)

1.- ATLÉTICO FÁTIMA                  13.- SD NEGREIRA

2.- ATLÉTICO RIVEIRA                14.- AD NICRARIENSE

3.- SD AGOLADA                           15.- CF NOIA B

4.- AMIO SD                                     16.- PUEBLA CF B

5.- UD BASTAVALES                    17.- CD ROIS

6.- CD BELVÍS                                 18.- CD SAN MAMED

7.- CIDADE DE RIBEIRA              19.- CF SILLEDA

8.- CF CIRE DE MELIDE               20.- CF SILLEDA B

9.- CORDEIRO CF                           21.- CD UNIÓN

10.- SD CRUCES                              22.- VALIÑO CABO DE CRUZ

11.- SD CRUCES B                          23.- SD VILLESTRO

12.- CD LALÍN

 

ESTOS CLUBES CONSULTARANSE Ó LONGO DA VINDEIRA SEMANA E FARASE PÚBLICA AS DECISIÓNS QUE NOS TRASLADEN.

 

Rexeitaron, por diversos motivos, apoiar a presentación do presente documento, os seguintes equipos:

11 CLUBES (12,22%)

 1.- BERTAMIRÁNS CF

2.- EF BOQUEIXÓN

3.- SD COMPOSTELA B

4.- CD DODRO

5.- CD ESTRADENSE B

6.- CLUB LAMELA

7.- EF SAN LÁZARO

8.- UD SANTISO FC

9.- CD DAR-EXTRAMUNDI

10.- SD TOURO

11.- XUVENTÚ AGUIÑO

 

Este escrito foi enviado ao Secretario de Deportes da Xunta de Galicia, o Conselleiro da mesma e o presidente da RFGF.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : Clubes da Zona de Santiago