Os ceenses suman a cuarta vitoria consecutiva.

FS Villa de Cee Clínica A Xunqueira 7-4 Club del Mar San Amaro

22ª xornada da “Liga Preferente Galicia FS”, na que o FS Villa de Cee Clínica a Xunqueira, goleaba a pesares de contar só con 7 xogadores ante un dos que se están xogando a “vida”. Pero o equipo costeiro segue nunha xeira moi positiva e xa suma 4 xornadas consecutivas gañando e sen coñecer a derrota nas derradeirs 8 xornadas. Recibía na sua pista ao Club del Mar San Amaro que loita por evitar o descenso, no que está inmerso. Plantaron cara os coruñeses a escadra ceense e non foi ata a segunda metade cando se decantou claramente o choque de cara para os da Vila da Xunqueira. Mario abría o marcador  que protno igualaban os herculinos e Félix con dous tantos poñía terra de por medio. Metíanse de novo no encontro os coruñeses cun tanto de Martín a volta de vestiarios e Santi López e Félix Quintela voltaban a abrir fenda para acabar goleando cun tanto de Ángel e outro de Pablo. Todo segue igual para os ceenses na loita por meterse na promoción ou no ascenso direto pois os 3 de arriba tamén gañaron e tamén de goleada…Abre a nova o completo para ver a clasificación.

FS Villa de Cee Clínica A Xunqueira : Pose, Ángel, Santi López, Félix e Javier, (5 inicial).

Tamén xogaron : Pablo e Mario.

Goles : 1-0, Mario, (4´); 1-1, Sergio, (5´); 2-1, Félix, (17´); 3-1, Félix, (25´); 3-2, Martín, (31´); 4-2, Santi López, (31´); 5-2, Félix, (33´); 5-3, Martín, (33´); 6-3, Ángel, (33´); 6-4, Martín, (39´); 7-4, Pablo, (39´).

Segue coa información…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS.

CLASIFICACIÓN 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-