OS CADETES E INFANTÍS DO FISOBER FSF COMPLETARON UNHA FIN DE SEMANA DE PLENO EN CANTO A VITORIAS.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Este fin de semana foi perfecto en resultados para o Fisober xa que ademáis do triunfo do primeiro equipo os outros dous en competición o infantil e o cadete masculino acadaron os tres puntos.

 

 

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da undécima xornada o Fisober visitaba ao Compañía de María en partido disputado na tarde do sábado no P. Compañía de María de Santiago de Compostela e con triunfo para os costeiros por dous a cinco.

Polo Fisober formaron: David, Pablo Costa, Mario, Álex, Iago Larrañaga; Tamén xogaron: Juan Emilio, Brais, Iago Insua, Adrián, Pablo Taboada.

Os goles costeiros foron obra de: Iago Larrañaga en dúas ocasións, Pablo Costa en dúas ocasións e Álex.

Os colexiados foron Francisco Pena e Brais Couto.

A vindeira xornada disputarase o finde do 10 e 11 de decembro coa visita a Dumbría do AJ Pombo Hércules.

 

 

Na Liga Galega Infantil Masculina e dentro da décima xornada de liga no seu grupo Norte A o Fisober recibía ao Colegio Liceo en partido disputado na tarde do domingo nas ID de O Conco en Dumbría con triunfo costeiro por oito a dous.

Polo Fisober formaron: Adrián, Eloy, Mario, Pablo Taboada, Gael; Tamén xogaron: Manu, Xavi, Rubén, Diego.

Os goles costeiros foron obra de: Pablo Taboada en tres ocasións, Mario en tres ocasións, Gael e Xavi.

Os colexiados foron Víctor Nande e Nicolás Antonio Cutrone.

A vindeira xornada disputarase o finde do 10 e 11 de decembro coa visita ao Distrito Ventorrillo.

-Fotos e texto : Fisober FSF/Luis Sambad