OS 5 SUPERVIVENTES DA FINAL DA “COPA DA COSTA 1966” DO CF MUXÍA CÓNTANNOS COMO FOI.

Valga este artigo de homenaxe a estes 5 e aos que estiveron con eles, dentro e fora do campo.

Era a terceira Copa da Costa da historia e en Muxía presumían de ter a un gran equipo e un dos seus, Eduardo Toba, coma Seleccionador Nacional e que cando pasaba polo pobo adestrábaos e dirixíaos, ademáis de ir de “chiquitos”. Chegaban a final os homes que dirixía Tito Luaces, un dos grandes xogadores do equipo e en fronte na final o poderoso Xallas.

Xogouse a ida da final no “Beiramar” de Muxía, (onde hoxe en día está o Instituto “Ramón Caamaño”, o polideportivo municipal e o Centro de Saúde), empataban a ceros, (0-0), para ter que dirimirse todo na volta en Santa Comba, onde se empataba a uns, (1-1), cunha actuación arbitral declarada de “teatro”, antre outros moitos adxetivos, o que levou a que se xogará un terceiro encontro de desempate en campo neutral. Elixeuse Vimianzo como sede e alí foi toda a afección para ir o encontro e o remate retornar a Muxía para sair para o mar. Neste encontro de desempate gañaban os xalleiros e levábanse a sua primeira copa, das 9 que atesouran a día de hoxe, (unha delas como Xallas de Santa Comba).

O Muxía, (daquela en tempos de Franco, CF Mugía), non voltou a pisar unha final. O ano pasado caeron en semifinais ante o Porteño cando tiñan todo a favor.

Daqueles valentes xogadores que agora andan en torno aos 80 por arriba e por abaixo, quedan 4, Juan Carlos Luaces, Manolito Martín, Juan Muiño, e José Muiño, (casualidades, os dous primeiros cuñados e os dous seguintes irmáns), e o secretario do clube, Nucho Sambad, o único diretivo dos 12 fundadores do CF Muxía que sigue antre nós.

Co gallo da gran final da Copa da Costa, que se xogará o vindeiro Domingo 8 de Xuño no “San Paio de Refoxos” de Xallas, (Cee), queremos brindarlle unha pequena homenaxe a estes ex xogadores muxiáns daquel gran equipo que viñan de gañar a Liga da Costa e ao que segundo nos contan lles “roubaron” unha copa que ten opcións de traer o clube muxián para casa 59 anos despois, (60ª edición), e que ten a casualidade de que o neto dun destes superviventes, (e sobriño do outro), daquela Copa, o xove Iago Muiño, ten opcións de alzar aquela copa que aos os seus conxéneres non lles deixaron alzar.

 

Juan do Pión actualmente.

Para Juan Muiño máis coñecido no pobo como “Juan do Pión”, aquela copa : “Foi do máis raro do mundo, fomos mellores ca eles nos dous primeiros encontro, en Muxía empatamos a ceros pero merecemos ir con ventaxe a Santa Comba. Alí puxémonos por diante e cando acabou o tempo de encontro íamos gañando 0-1, pero o árbitro descontou o que non hai nos escritos ata que nos empatou o Xallas, e aí pitou o final do encontro abocándonos a un terceiro encontro de desempate no que nos gañou o Xallas. Lembro que eu nese encontro non xoguei ainda que se me dixera o contrario e daquela non se facían trocos”.

 

Nucho de Mariana na actualidade.

Pola sua banda o ex tesoureiro do clube, Nucho Castro, máis coñecido en Muxía como “Nucho de Mariana”, as suas lembranzas van sobre todo en que “roubáronnos coma cosacos”, para él é unha cousa que non esqueceu a pesares de superar os oitenta : “Aquela copa era nosa, tíñamos un equipazo que xogaba que daba gusto ainda que o campo fora de pedras, pero non tivemos sorte no encontro da casa e fora marcamos varios que nos anularon e puidemos marcar máis, pero o árbitro tíñanola tomada e en vista de que na área non chegaban e non caía ninguén aguantou o que quixo ata que empataron”. Nucho e os muxiáns lembran a lenda, (ou non), que se cerne sobre aquela arbitraxe : “O árbitro era un tal Gerardo, (me parece), que traballaba no Muro da Coruña e o parecer, (disque), os que vendían alí dos barcos de Muxía prometéranlle nun encontro que ía a arbitrar do Muxía que se metía unha manciña faríanlle un bo regalo de percebes. O parecer eses percebes non os recibeu e pagounolas na Copa”.

 

Luaces fronte a Casa de Concello adornada para a final.

Juan Carlos Luaces que marcou o gol dos muxiáns no encontro de desempate, é outro dos xogadores daquel Muxía que marabillaba na costa e a sua visión daquel entonces é moi clara e coincide co resto : “Xa fomos mellores en Muxía pero non conseguimos gañar, pero é que o do encontro de volta en Santa Comba non ten nome. Anuláronnos ata 3 goles e a pesares deso fomos quen de ir gañando ata o treito final 0-1, pero o colexiado esperou ata que nos empataron. No encontro de desempate en Vimianzo gañáronnos 2-1. Xogaba connosco un da Coruña que se chamaba Nené, e él cas suas artimañas consigueu que un do Xallas fora expulsado. Chegamos o descanso gañando e meu irmán, Tito Luaces, que era o adestrador, avisoulle no vestiario que andivese con moito coidado que senón o seguinte expulsado sería él, que non lle ían deixar pasar nin unha, e así foi. Cos dous equipos con 10 o Xallas consigueu empatar e nos demos un paso atrás, e mira o importante que é a animación desde a banda que eles tiñan unha charanga grande e moi ruidosa na banda que tralo empate vense arriba e fixo que eles tamén se viñesen arriba e conseguiron o 2-1 xusto antes do pitido final. Unha anédota daquel día foi que o doutor Ballesteros que estaba connosco no vestiario deunos unha bebida enerxética para recuperar forzas que tiña cola mezclada con algo e que emulaba ao que facía por aquel entonces Roque Olsen, adestrador do Español”.

 

Manolo Martín outro dos que viviron a final de copa.

Manolo Martín “Manolito”, altruista benefactor da xuventude muxiana con becas, do clube de fútbol e do Santuario da Barca, responsable da orgañización desde 1981 do famoso trofeo benéfico que leva o seu nome, era un deses xogadores dunha calidade exquisita e dí que, “o tempo pasa pero os recordos perduran”, e ademáis de lembrar aquel “atraco” que sufriron en Santa Comba ao igual que os superviventes daquela final a 3 encontros, lembra i emocionase o falar do apoio que tiña o equipo de todo o pobo : “O día de encontro fose onde fose no pobo só quedaban 4 vellos sentados na porta das casas ou paseando pola ribeira. Se xogábamos na casa había un cheo que xa quixeran equipos de hoxe en día do fútbol profesional e cando xogábamos en Fisterra, Baio, etc…a xente, naqueles tempos de moitas carencias, iba os campos como puidera en coches abarrotados, en camións, varios nunha moto, como fora, pero deixaban Muxía deserto, e cando foi deses partidos da final en Santa Comba e Vimianzo a pesares de que logo tiñan que ir para traballar alí estaba todo Deus”.

 

“Cho” o porteiro daquel equipo.

José Muiño “Cho”, é outro dos que lles fará ilusión de que veña unha copa “que se nos debe”, e que ten ao seu neto actualmente xogando no equipo muxían, e que curiosamente tamén foi xogador do Dumbría, o rival dos muxiáns na finalísima do Domingo. Para “Cho” aquel equipo do Muxía, “merecíamos gañar a copa despois de haber gañado a liga, pero non nos deixaron”, para él a clave estivo no segundo encontro no que, “marcamos 3 goles e anulounolos porque lle deu a gaña e alongou o encontro ata que él quixo e por si acaso por si tras empatar eles podíamos facer nos o segundo xa pitou o final do encontro”. “Cho” que era o porteiro do equipo, lembra o gran apoio que tiñan do pobo que os seguía a tódolos sitios e a oportunidade que se lles “escapou e non por culpa nosa”.

 

UN DOS 11 DA FINAL DO 1966

Por arriba de esquerda a dereita : Cho, (p). Eleuterio, Loureiro, Martín, Juan do “Pión” e Diz.

Por abaixo de esquerda a dereita : Paco da Chorentana, Vituco, Juan Carlos Luaces, Tito Luaces e Nené.

 

-Fotos : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos : Juan Carlos Luaces

-Foto Manolo Martín : La Voz de Galicia