ORGANIGRAMA DO COMITÉ DE ADESTRADORES DA RFGF QUE PRESIDE IVÁN CANCELA.

Foto de familia do comité o completo.

 

O PRESIDENTE DA RFGF DA A BENVIDA AO NOVO EQUIPO DIRECTIVO DO COMITÉ GALEGA DE ADESTRADORES QUE LIDERA IVÁN CANCELA

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, deu este mércores a benvida aos novos compoñentes do equipo directivo do Comité Galego de Adestradores que lidera Iván Cancela, o novo presidente. Louzán agradeceu a implicación e compromiso dos técnicos e destacou a ilusión e vontade de traballo coa que Iván Cancela está afrontando este novo desafío profesional. Destacou tamén a relevancia que desde a Federación se outorga aos adestradores, reflexada na multitude de cursos formativos que se realizan cada ano por toda Galicia e tamén en medidas disciplinarias que se aplican a aqueles clubs que non cumpren coas normativas de titulacións dos técnicos. De feito, a Asamblea aprobou unha nova norma que conleva sanción económica e tamén resta de 1 punto na clasificación por non contar con adestrador titulado.

Onte foi a primeira reunión, unha primeira toma de contacto a modo de presentación na que quedou clara a unificación entre Comité e Escola, que irán da man en este novo ciclo. De feito, os directivos do Comité tamén serán os delegados de zona da Escola.

O organigrama do Comité queda da seguinte maneira:

Iván Cancela – Presidente

Pablo Prieto – Vicepresidente

Manolo Corredoira – Secretario

Manolo Castro “Vilachá” – Tesoureiro

Chus Baleato – Vogal Fútbol Santiago

Yago Iglesias – Vogal Fútbol O Barbanza

Moncho Rodríguez – Vogal Fútbol Vigo

Roberto Abad – Vogal Fútbol Ourense

Ángel Oliveira – Vogal Fútbol Pontevedra

José Luis Mosquera – Vogal Fútbol Baixo Miño

Lucía Otero – Vogal Fútbol A Coruña

Manolo García – Vogal Fútbol Ferrol

Dani Moirón – Vogal Fútbol Lugo

Santi Valladares (fillo) – Vogal Fútbol Sala Santiago-O Barbanza

Julio Mougán – Vogal Fútbol Sala Pontevedra-Vigo

Álvaro Cid Bragado – Vogal Fútbol Sala Ourense

Iván Pico – Vogal Fútbol Sala Lugo

Pili Costa – Vogal Fútbol Sala Ferrol

Alex Parada – Administración

Dani Regos – Administración

Jorge Aboal – Administración

Abraham Yañez – Administración Fútbol Sala

-Unha información que nos achega a RFGF-

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies