ORDÓÑEZ DIRIXIRÁ O SD CAMELLE E ANTELO O SD LAXE

 

José Manuel Ordóñez o SD Camelle

José Manuel Ordóñez deixaba o SD Laxe ca procura de darse un tempo de relax e disfrutar da familia e do fútbol dende outra perspectiva a menos que lle aparecese algo interesante.

Non se puido negar a chamada do seu gran amigo José Luis Romaní, presidente-fundador do SD Camelle e actual presidente do clube para evitar que desaparecese e poder seguir brindando fútbol en direto aos veciños de Camelle.

Se unha cousa sabe facer Romaní é convecer e dado que este ano Ángel Rey “Pupus” non podía adestrar, asinou a José Manuel Ordóñez que será unha das caras novas, xunto co xogador muxián Santi “Maka”, que tamén foi fichado, así como a renovación de practicamente a totalidade dos xogadores da pasada campaña, agás Snaki que xa asinou co FC Camariñas.

Na diretiva con José Luis Romaní, estarán o presidente sainte Rubén Pose, Gonzalo “Marcha Verde”, o propio “Pupus” e José Luis Romaní Jr.

Segundo nos comentan, onte tiveron a primeira xuntanza de traballo da que sairon estas dus fichaxes, e esperan pechar algunha máis nestes días.

Fai un par de semanas o SD Camelle tiña un futuro moi negro, e agora o negro será o do pantalón e as medias que xogarán na 3ª da Costa deste ano, que comezará a finais de Outubro, (en principio), para a que xa é obrigatorio que os adestradores teñan como mínimo o carnet de adestrador Uefa B.

 

José Antelo o SD Laxe

Na mesma liga o único equipo que quedaba por pechar adestrador era o SD Laxe, que o ano pasado adestraba Ordóñez, o seu sustituto no banco laxzense é José Antelo, tal e como nos informa a presidente María.

 

Así quedan conformados os adestradores da 3ª da Costa 2019/20

CF Porteño : Sergio Varela, (continua)

Outes CF : Miguel “Laracha”, (continua)

FC Camariñas : Berto Suárez, (continua)

CD Nantón : Roi Fachal, (novo)

SD Laxe : José Antelo, (novo)

CF Castrelo : Sergio “Agranzón”, (novo)

Sporting Seaia CF : Sánchez Da Silva, (continua)

UD Corcubión : (Sen confirmación pero será un novo)

EF As Baleas : Vicentiño, (continua)

UD Monte Louro : Juan Porrúa, (novo)

SD Ameixenda : Julio Vila, (continua)

SD Camelle : José Manuel Ordóñez, (novo).

 

Marío do Larín o CD Baio

O CD Baio segue co seu traballo de reforzar o equipo para a vindeira 1ª Galicia G2 que comezará o 8 de Setembro, así coma para a Copa Deputación na que recibe mañán ao Xallas FC de Preferente. O club baiés ven de anunciarnos a contratación do xove xogador procedente do CD Larín, Mario.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies