OPERADO CON ÉXITO O XOGADOR DO CABANA SD, DIEGO CASTRO, DUNHA LESIÓN GRAVE DE LIGAMENTO E MENISCO.

Diego trala operación amosando ánimo.

 

O pouco de poñer a mala nova da lesión grave do xogador do SD Laxe, Jacinto, chegounos a información de que no día de hoxe era operado con éxito, (do que nos alegramos), o xogador do Cabana SD, (Liga da Costa), Diego Castro, que ademáis é adestrador do Cabana SD Alevín. Se non hai complicacións mañán será dado de alta, para comezar a sua recuperación.

Diego sufría problemas no xeonllo e acabou lesionándose no encontro de copa contra o CD Baio e acabou deribando nunha dobre grave lesión do cruzado anterior e do menisco interno dun xeonllo. Lesión moi complicada, que difiere na volta aos campos segundo o alcance da rotura, pero anda antre os 4 e 6 meses.

Dende piratasdemuxia.es o noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación para Diego, que pronto esté de novo disfrutando do deporte cos seus compañeiros.

Se de algún xogador lesionado grave non puxemos nada é porque non nos chegou a información por parte de ninguén, pero igualmente o noso desexo antes dito.

 

-Foto : Cabana SD

-Texto : Xosé Búa “Pirata”