OPERADA CON ÉXITO DA ROTURA DE LIGAMENTO CRUZADO A 2ª CAPITÁ DO VIAXES AMARELLE FSF, MARTITA.

Martita cun sorriso trala operación da sua grave lesión.

 

A segunda capitá do Viaxes Amarelle FSF, Martita, foi operada con éxito da rotura de ligamento cruzado anterior, na mañá do pasado martes no Hospital Quirón da Coruña. Agora empeza o traballo para volver ás canchas. Dende o clube maniféstannos que “estamos roralmente con ela”.

Tras a cirurxía e o repouso pódense realizar progresivamente exercicios de mobilización do xeonllo. A recuperación mínima cunha rotura do ligamento cruzado do xeonllo estímase entre catro e seis meses tras a intervención cirúrxica.

Dende piratasdemuxia.es a noso maior desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación.

-Foto : Viaxes Amarelle FSF

-Texto : piratasdemuxia