Segundo explica Andrés Ríos, (DXT Campeón), na sua conta de Twitter, Joaquín de Aristegui será o que presidirá por parte do Consello Superior de Deportes a xuntanza antre a Liga e a RFEF. Alonso de Aristegui fillo do que presidirá a xuntanza traballa como becario na LFP de Javier Tebas, que segue a xuntar apoios de clubes mercenarios que se arriman o poder, coma todos aqueles que rodeaban a Adolf Hitler na Segunda Guerra Mundial, apartando a vista aos xenocidios. Cada vez que sae algo vese e augúrase que a man do humillante presidente da Liga exténdese ata o infinito. Esperemos e desexemos que a xustiza abarque este asunto e que os que pasearon a contaxiados dunha enfermidade que sxa se levou en España a máis de 30 mil persoas, (DEP), paguen polo terrorismo sanitario e adulteración deportiva, das que son culpables.
Así o explica e advirte o xornalista coruñés Andrés Ríos :
Eneko Bóveda decía hoxe en rolda de prensa que : “A razón vai connosco. Alguén terá que poñer cordura para parchear unha mala decisión que se tomou e non xustifica que un equipo poida saír tan prexudicado. Porque se escoitan voces doutros clubs queixándose dese suposto escenario de Liga de 24, de que sairían prexudicados. Que é así. Pero non se pode comparar co prexuízo para o Dépor cun descenso”.
Pola sua banda o CD Numancia na persoa do seu presidente amosábase contento da xuntanza de mañán :
Moisés Israel: “Hemos trabajado de forma muy dura estas semanas para que se produjera la reunión de mañana. Ésta se produce con muchas garantías de que tenemos razón. La razón, la justicia y la legalidad están de nuestro lado”.
UN NOVO PROTOCOLO DA LIGA PARA A VOLTA A COMPETICIÓN
Parece que a LFP ven de aprobar un novo protocolo de volta aos adestramentos para a volta as competicións e se hai 3 contaxiados será considerado un brote. Un feito máis que amosa que se equivocaron no seu protocolo, que como decía Víctor Fernández fai unhas semanas : “Non había Plan B, no caso de contaxios”, e que a sua maneira de actuar no “Caso Fuenlabrada” non é mais ca , usando un simil de viaxar cunha bomba, que neste caso é coma se fora cos mortos que hai pola enfermidade, “Terrorismo sanitario”.
David Vidal adestrador de porteiros do Fabril
Onte sabíamos que Alberto Casal ascendía de adestrador de porteiros do Fabril a ser o do primeiro equipo, e no día de hoxe confírmannos que David Vidal pasa do Xuvenil ao Fabril nesta mesma faceta. O noso desexo de éxito no seu traballo a ambos.
-Foto : Andrés Ríos
-Texto : piratasdemuxia.es