Este vindeiro Domingo 12 de Xuño o Olímpico e o Laracha disputaranse un posto na final da “LXXXIV Copa da Coruña” de fútbol afeccionado, no Complexo Deportivo de Vilaboa a partires das 20:30 horas.
O Olímpico CF, desfíxose do AD Cristo Rey, (1-5) en Dazaseisavos, do CF Visantoña, (1-2) en Oitavos, e do Boimorto CF, (2-0), en Cuartos. pola sua banda o Laracha CF, eliminou en Dazaseisavos ao Atlético Os Castros, (1-2), en Oitavos ao Sporting Burgo, (1-1), nos penaltis, e ao Sporting Meicende, (1-2) nos Cuartos.
Na outra semifinal o Club do Mar de Caión recibe no Municipal da Laracha, dende ás 18:00 horas ao UD Carral.
O Club do Mar de Caión, eliminou en Dazaseisavos ao Maravillas SD, (2-4), en Oitavos ao UD Paiosaco, 82-0), e en Cuartos ao SD San Tirso, (1-1), trala tanda de penaltis.
O UD Carral, desfíxose en Dazaseisavos do Marino CF, (0-3), en Oitavos eliminou ao SD Pastoriza, (0-12), ca goleada desta copa, e en Cuartos ao Betanzos CF, (4-0). Os carralenses son sen dúbida o equipo máis poderoso desta edición da copa, en cuestión de números. En 3 encontros, 19 goles a favor e “0” en contra.
-Foto : Rubén García
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR