OK LIGA : O DEPORTIVO LICEO E O CE VENDRELL ACORDAN O ADIANTAMENTO DO SEU ENCOTRO DA 9ª XORNADA A ESTE DOMINGO 1 DE NOVEMBRO NA CORUÑA.

 

O Deportivo Liceo e o CE Vendrell, coa aprobación da Real Federación Española de Patinaxe, acordaron que o seu partido correspondente á xornada 9 da OK Liga sexa adiantado ao vindeiro 1 de novembro. O compromiso terá lugar ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes.

Ambos clubes foron afectados indirectos dos positivos en COVID-19 atopados nos planteis de Voltregà e Palafrugell, que provocaron as suspensións dos seus encontros máis próximos. O Deportivo Liceo xa viviu como espectador a celebración da xornada 5 da OK Liga, ao tocarlle visitar Voltregà, e na 6 debía recibir precisamente ao Palafrugell. O Vendrell, que si xogou a quinta data, debía atoparse co Voltregà o vindeiro fin de semana.

O adiantamento do encontro evitará que o equipo de Juan Copa afronte un parón de dúas semanas na competición doméstica. Do mesmo modo, a familia liceísta reitera o maior dos ánimos aos xogadores afectados por esta terrible pandemia.

-Foto e Texto : Deportivo Liceo Hockey Club


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies