OK LIGA : CP VOLTREGÁ 1-2 DEPORTIVO LICEO : “27 PUNTOS DE 27 PARA UN LICEO DE RECORD”.

O Deportivo Liceo suma de 3 en 3 dende o inico da liga.

 

CP Voltregá 1-2 Deportivo Liceo

Vitoria traballada do equipo liceistana na noite deste martes no San Hipòlit de Voltrega sobre o equipo local, nun choque no que se adiantaron os galegos cun tanto de Facu a falla de menos de 2 minutos para o final do primeiro tempo. Un pouco antes Fabri fora expulsado por 3 minutos con cartón azul, pero aguantou o marcador a  ceros con 3 homes na pista. Tamén errou un penalti Fabri que puido supoñer o 0-2. Xa na segunda metade tras un disparo do Voltregá o pau, o arxentino Maxi Oruste rozou o gol para os liceistas, un gol que chegaría a 15 minutos do final por medio de Roby Di Benedetto. Puxo emoción o choque o local Aleix Molas, cun tanto de penalti, pero este Liceo sabe ben o que é a loita e a concentración ata o final, e agunatou o tirón e a presió local para sumar a novena vitoria en 9 encontros, un Deportivo Liceo de record.

Para Juan Copa, adestrador liceista : “Sumamos 3 pntuos moi importantes nunha pista moi complicada despois do partido do sábado e co viaxe por medio, felicitar aos xogadores un por un e ao staff. Demostramos caracter, que queremos seguir aí. Creo que foi un bo partido, serio, o final complicámonos, tras ese penalti que creemos que é un pouco dubidoso, tivemos varias ocasións para irnos antes no marcador, non puido ser, tocou sufrir e coma sempre soubemos sufrir, seguimos aí, felicitar a todos e xa prepaar o partido do vindeiro venres”.

Deportivo Liceo : Carles Grau, Franco Platero, Facu, Dava Torres e Maxi Oruste, (5 inicial).

Goles : 0-1, Facu; 0-2, Roby Di Benedetto; 1-2, Aleix Molas.

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : DXT Campeón/Deportivo Liceo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies