OK LIGA, (4ª XDA) : DEPORTIVO LICEO 2-0 CH MATARÓ : “CUARTA VITORIA CONSECUTIVA DOS LICEISTAS QUE CONTINÚAN LÍDERES”.

Catro de 4 para os pupilos de Juan Copa.

 

Xenial unha xornada máis o Deportivo Liceo que segue a levar con orgullo a nosa terra ao máis alto dunha OK Liga española que máis ven parece un invitado nunha liga catalana, na que segue a mandar trala vitoria ante o CH Mataró con 300 afeccionados no Palacio dos Deportes da Coruña que se levaron un bos pementos de Herbón, que os propios xogadores rcolleron esta pasada semana como vos informamos. Aquí tedes a crónica dos liceistas do que foi o encontro :

 

Deportivo Liceo 2-0 CH Mataró

Máis, máis e máis. O Deportivo Liceo non para de gañar partidos, e cunha imaxe cada vez mellor. Os de Juan Copa venceron ao CH Mataró nun encontro no que o equipo catalán demostrou solidez defensiva e o gran nivel da súa meta Sergi Grané.
Os verdes continúan líderes con 12 puntos, tras vencer nos catro partidos disputados ata o de agora. O Liceo quería seguir alimentando o seu ilusionante inicio de ano, pero fronte a el non tiña a un rival sinxelo. O Mataró, só superado en goles encaixados polos seis primeiros clasificados da OK Liga, presentaba un desafío respectable en canto a eficacia ofensiva. Aínda así, o equipo coruñés soubo arranxarllas. A punto estivo de estrear o marcador o liceísta César Carballeira, pero o colexiado do encontro anulou o seu gol. Si valeu o sexto da tempada para Jordi Adroher, que colocou o 1-0 tras aproveitar intelixentemente unha bóla solta na área de Grané.
Juan Copa e os seus confiaban no que facían. Maxi Oruste estivo a centímetros do segundo tras unha excelente xogada colectiva, pero a aparición de máis goles era cuestión de tempo. Platero mandou outra bóla ao pau nun contraataque (minuto 16) e dous máis ao corpo do porteiro visitante, mentres que Carballeira si logrou perforar a rede de Grané cun disparo afastado. Se o fixo no Palau, tamén no Palacio. Un Liceo ambicioso e de bo xogo A vitoria momentánea non provocou ningún tipo de exceso de confianza nos mozos de Juan Copa, que continuaron atacando coma se o seu 2-0 a favor fóra en contra.
O Mataró de Albert Larrea non terminou de crear demasiado perigo a Carles Grau, que aínda así permaneceu atento e efectivo cada vez que o equipo catalán arrasaba a súa zona. Jordi Adroher e Dei Benedetto tiveron o terceiro nos seus sticks, pero Sergi Grané (o mellor do Mataró) detivo ambos os intentos. O Liceo oficializó o acoso á súa portería con tantas ocasións que resultaban complicadas de contar. Volveu ter Adroher e a elas sumouse Platero, pero a cada ocasión que pasaba máis se entendía o escaso número de goles encaixados do conxunto de Larrea. Animouse a replicarlas, pero se Grané estivo ben, Grau tamén. O 0 campou na súa portería.
Un día máis na oficina para o Deportivo Liceo, que con esta cuarta vitoria consecutiva afianza o seu liderado na OK Liga. A seguinte proba na competición doméstica para os de Juan Copa consistirá en visitar ao Voltregà (sábado 24, 20:00 h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Franco Platero, Dava Torres, Jordi Adroher (cinco inicial), Roberto Di Benedetto, Maxi Oruste, e Marc Grau

CH MATARÓ: Sergi Grané, Gerard Cusachs, Oriol Lladó, Cantero, Marc Ollé (cinco inicial), Eric Florenza, Conrad Xicota, Erik Gual, e Bernat Romero.

GOLES: 1-0 (Adroher, min. 8). 2-0 (César Carballeira, min. 22).

ÁRBITROS: Villar Costa, López Quinteiro y Fernández García. Mostró tarxeta azul a Erik Gual (min. 22) y Cantero (min. 43) por parte do Mataró.

INCIDENCIAS: Partido correspondente a xornada 4ª da OK Liga 2020/21. Palacio dos Deportes de A Coruña, 300 espectadores.

-Foto e Texto : Deportivo Liceo