OFICIAL : PEDRO SÁNCHEZ DEIXA O DEPOR POR ASUNTOS PERSOAIS E DESPÍDESE CUNHA CARTA

 

Decíamos fai unhas horas que Pedro Sánchez tería pedido ao Depor que o deixasen irse por “asuntos persoais moi graves”, os rumores apuntaa unha a enfermidade grave dalgún familiar moi proximo. O xogador veciño de Aspe, (Alacante) xogará nas filas do Albacete Balompié, para estar máis preto da sua terra. 

Esto é un novo revés, que se une a operación de apendicite de Peru Nolaskoain e a lesión de Somma. O mesmo tempo podería facilitar a chegada de Alejandro Pozo do Sevilla CF se as novas que nos chegaban a nós o Domingo son certas.

 

O clube manifestabase da seguinte maneira :

O Deportivo quere agradecer a Pedro o seu traballo e profesionalidade durante o ano que defendeu #asnosascores, desexándolle, no persoal e profesional, toda a sorte posible.

O xogador alacantino quixo, ademais, deixar esta carta de despedida á afección do Dépor:

“Deportivistas: Esta tarde despedinme do club. Foi unha decisión dura, difícil. Motivos familiares leváronme a ter que dicirvos adeus e espero que o entendades. 
Pecho deste xeito unha etapa como futbolista que xamais esquecerei. Na Coruña e no Dépor sentinme como na miña casa e este, sen dúbida, sempre será o meu mellor recordo. Quero agradecervos a tod@s @s deportivistas e a to@s os coruñeses a vosa xenerosidade e hospitalidade desde o primeiro día que cheguei. 

Ademais, non quero marcharme sen dar as grazas especialmente ao club e aos seus directivos pola comprensión e axuda á hora de atopar a mellor solución para todas as partes nun momento así. 

Voume deixando atrás un proxecto polo que apostei hai un ano e no que creo e crerei firmemente. Por iso, ademais de mostrar unha inmensa gratitude, quero desexar ao Deportivo e a todo o deportivismo a sorte necesaria para conseguir o obxectivo polo que tanto pelexei durante toda a miña estancia xunto a vós.
Até sempre!.

Pedro Sánchez Moñino”.

 

Dende piratasdemuxia.es o noso agradecemento por todo canto fixo no Depor e o desexo de que todo se arranxe e os asuntos que o fan deixarnos se resolvan da mellor das maneiras.

 

MÁIS NOVAS DEPORTIVISTAS

 

Ernesto Bello destituido

No día de onte Ernesto Bello que se encargaba das labores de olleador na zona norte de Portugal e España recibía a nova da sua destitución, no plan de rexeneración desta parcela. Ernesto Bello levaba no clube un par de décadas, cun pequeno paróin no 2010 que se enrolou nas filas do Real Zaragoza como encargado do fútbol base.

 

Donato entra a formar parte do club

Donato formará parte da Fundación RC Deportico como representante do clube. As labores de Donato centraranse nas accións de ámbito institucional e social que se leven cabo ao longo da temporada.

 

Entradas para Vallecas xa a venda

O RC Deportivo e a Federación de Peñas teñan xa a maquinaria prendida para a venda de entradas para a visita o vindeiro Domingo ás 18:00 horas, (16:00 GMT), do Estadio de Vallecas no que se enfrontarán o Rayo Vallecano e o Depor. O clube porá a venda entradas ao prezo de 25 euros por persoa e poderán coller 2 cada socio, portando o seu carnet de socio e o carnet de identidade da outra persoa para a que se compra a entrada. Todo isto dentro dos horarios de atención o púbrico da Oficina de Atención ao Deportivista. Pola sua parte a Federación de Peñas abreu ata mañán mércores ás 22:00 horas, o prazo de prereserva para os peñistas. As entradas tamén serán a 25 euros particular e con viaxe, 40 euros. Terán preferenza os peñistas socios do clube e as peñas que teñan entregados os seus listaxes de socios. As vías de encarga son as habituas. Haberá viaxe, 40 euros por persoa ida e volta, a condición de que haxa un mínimo de 40 persoas anotadas. A saída sería ás 07:00 horas do mesmo domingo, 1 de setembro, desde o Palacio dos deportes de Riazor. A volta, nada máis acabar o partido. Ademais, os afeccionados do Raio Vallecano van presentar uns equipamentos o domingo ás 10 da mañá xogando uns partidos de fútbol sala, dende a Federación piden voluntarios para “botar unhas carreiras á mañanciña e gañarse as garimbas”. A boa amizade antre as duas afeccións fai de Vallekas un dos campos marcados en letras grandes dos preferidos para visitar.

 

Sara Álvarez adestrará ca Selección Española Sub 17

A defensa galega Sara Álvarez, recente fichaxe do Deportivo ABANCA, foi convocada pola selección española sub-17 para unhas sesións de adestramento que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas entre os días 2 e 4 de setembro. Sara, de tan só 16 anos de idade, incorporouse este verán a disciplina deportivista procedente do Atlántida de Matamá e xogou partidos de pretemporada tanto co primeiro como co segundo equipo branquiazul.

 

Volve a sonar Salva Ruiz

Non pasou desparecibido para ninguén o desastroso encontro do lateral esquerdo Luis Ruiz, e volve a sonar nos “mentideiros” deportivos o nome do xogador do Valencia CF, Salva Ruiz, que non conta para Marcelino e do que na derradeira comparecenza de Carmelo del Pozo dixo que era : “un xogador moi interesante e que se se daba a oportunidade todo podía pasar nos derradeiros días de mercado”. Todo está supeditado a marcha de Rolán. Igualmente como vos decíamos o pasado Domingo, un amigo sevillano próximo ao Sevilla CF decíanos que o Depor tanteou e está interesado na contratación de Alejandro Pozo, extremo do equipo hispalense que non conta para Lopetegui e que fixo unha gran pretempada, así coma unha boa tempada o ano pasado no Granada no que estivo cedido e co que ascendeu. O Granada tamén amosou interese pola sua volta.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es