OFICIAL : MARTÍ NON CONTINÚA…E CONFIRMADO VASSILIOS LAMPROPOULOS

O RC Deportivo informa de que Martí non continúa

e a fichaxe de Vassilios Lampropoulos

Se onte dábamos conta da primeira fichaxe  do central grego Vassilios Lampropouolos, que hoxe fixo oficial o clube, tamén hoxe a primeiras horas da mañán fixo oficial nun escueto comunicado que José Luis Martí non continuará no clube :

“Concluída a competición na Temporada 2018-2019, e a piques de finalizar formalmente a campaña o vindeiro domingo 30 de xuño, o Real Club Deportivo comunicou ao técnico mallorquino do primeiro equipo, José Luis Martí, que non dirixirá ao cadro branquiazul a próxima temporada. O Real Club Deportivo quere agradecer ao adestrador e o seu equipo de traballo a aposta e labor realizadas nos últimos meses á fronte do cadro, desexándolle os maiores éxitos no seu futuro persoal e profesional”, reza o comunicado do clube.

Martí a piques estivo de certificar a sua continuidade, estivo ao mesmo que o equipo da 1ª División…a un gol. Pero isto non se deu e a sua continuidade estaba nas mans dos novos diretivos. O paso do mallorquín polo clube hai que valoralo, pois colleu a un equipo que tras dar a sensación de que ía a ascender de “calle”, pasou a ser un equipo con pinta de que estaba descendido. Imprimeulles carater e fíxoos saber a que xogaban. Mágoa o derradeiro encontro no que fallou no plantexamento e fallaron os xogadors nas suas prestacións, ademáis de reaccionar tarde os goles do Mallorca, que se foi a 1ª División, sendo o peor equipo dos que promocionaron, e poderíamos alongalo ata dos 10 primeiros, pero aí están.

Walter Pandiani a nosa aposta

Para endereitar esto contamos que a nova diretiva buscará un home da casa que anime tanto aos xogadores coma a afección. Un destes podería ser Fernando Vázquez, pero da maneira que entrou Paco zas, dubidamos moito que lle faga eso a Tino Fernández, pero o que sí estivo moito pola Coruña este mes e sigueu as evolucións do equipo no propio Estadio de Riazor, foi Walter Pandiani, que non ceou  só rodaballo do “Pirata”, senón que comparteu mesa nun coñecido restaurante da Coruña e de seguro que non se falou só do estado do equipo nese intre e falouse do futuro e do que podía pasar de non ascender. Polo tanto a nosa aposta é clara. Tamén decir que fai unhas semanas falouse de que estaba en conversas co CD Lugo, o que podería explicar tamén a sua estancia na cidade.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es