OFICIAL : LUIS CÉSAR SAMPEDRO O ELIXIDO PARA O BANCO DEPORTIVISTA

 

Tal como apuntan varios medios o galego Luis César Sampedro, é o elixido para sustituir a José Antonio Anquela. O adestrador de Vilagarcía de Arousa, de 53 anos dirixeu o ano pasado ao Tenerife nas 4 derradeiras xornadas da competición conseguindo a salvación do equipo de caer a 2ª B. O seu maior éxito chegou da man do Nastic ao que ascendeu ata 1ª División, onde tamén o dirixeu, e o ascendo do Albacete Balompié a Segunda. Tamén dirixeu ao Racing de Ferrol, CD Lugo, Alcoyano, Valladolid e Poli Ejido.

O RC Deportivo ven de confirmárnolo : “Luís Ángel César Sampedro, (Vilagarcía de Arousa, 3 de maio de 1966) converteuse hoxe en novo adestrador do Real Club Deportivo”.

O arousán  chega para quedarse ca vacante e con él voltarase a falar galego o banquillo deportivista despois do bo sabor de boca que deixou Fernando Vázquez que axudou a que o noso clube o máis grande do fútbol galego fale máis galego.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.