OFICIAL : FERNANDO VÁZQUEZ…BENVIDO A TUA CASA.

 

Por fin e como quería a grande maioría do deportivismo fíxose oficial a incorporación de Fernando Vázquez, como adestrador do Depor, un home da casa, que demostrou coma ninguén o seu corazón cando celebrou dando a volta o Estadio de Riazor no anterior ascenso, e tralo cal Tino Fernández privoulle de cumprir o soño de dirixir o Depor na Primeira División dende o inicio de liga. Un acto que nunca será esquecido pola grande maioría dos deportivistas, que se sinteu ultraxado co trato cun deportivista de corazón e que fixo un enorme traballo.

Fernando, “Pirata de Honra do 2014”, volve para tratar de sacar das pedras o barco deportivista e devolver a ilusión a unha afección que segue o pé do cañón, a pesares dos resultados, dos actos en contra das diretivas e dos horarios do fútbol moderno, pero estando sempre presente na casa e fora.

Sustitue a outro deportivista, Luis César, que nada puido facer cun equipo mal diseñado o cal chega un gol para derrotalo, e a pesres de eso fixo día tras día e durante 11 xornadas de psicólogo, dando a cara cada día a pesares da nefasta actuación dunha plantilla que se creeu máis do que é, e que ainda non se deu conta de onde están, e a que escudo representan.

Con Fernando, que asina ata o 2022, (o que queda desta tempada e duas máis),  voltará o aire galego o equipo, (non queremos decir que Luis César non o dera), e a pasión polo que se fai e onde se está.

Fernando Vázquez chegou ao Deportivo para substituír a Domingos Paciencia após a 23ª xornada da campaña 2012-2013, cando o Deportivo era pechacancelas do campionato de Primeira División. A pesar de comezar perdendo no Ramón Sánchez Pizjuán fronte ao Sevilla FC (3-1, o 15 de febreiro de 2013) o equipo mellorou sensiblemente, chegando a saír da zona de descenso, feito que finalmente non puido evitar após caer na última xornada fronte á Real Sociedad (0-1).

Na súa segunda campaña, a 2013-2014, dirixiu ao Deportivo ao seu último ascenso á máxima categoría até a data. O seu último partido como técnico branquiazul foi o derradeiro daquela temporada, ante o Girona FC en Montilivi, o 7 de xuño de 2014, curiosamente resolto co mesmo marcador que o seu debut, unha derrota por 3-1.

Ao longo da súa dilatada carreira, Vázquez tamén foi adestrador de Lalín, Racing de Ferrol, Lugo, Compostela, Oviedo, Mallorca (en dúas etapas), Betis, Las Palmas, Rayo Vallecano, Valladolid e Celta de Vigo, ademais de seleccionador galego xunto a Arsenio Iglesias. No seu currículo figuran un total de 357 partidos dirixidos en Primeira División, outros 151 en Segunda, 57 en Copa do Rei e 20 na Copa da UEFA.

O preparador de Castrofeito tomará as rendas do equipo mañá mesmo, ás 11:00 horas en Abegondo, e despois fará as súas primeiras declaracións como novo preparador branquiazul

Benvido Fernando e gracias Luis César. Como pasou con Vázquez, cando o botaron parecía que nunca máis podería dirixir o Depor, pero o tempo está condenado a repetirse e igual volte nun futuro e con mellores mimbres e aprendendo desta etapa dura e inxusta que lle tocou vivir.

 

-Foto e Texto : RFGF/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies