OFICIAL : “ANQUELA NOVO ADESTRADOR DO DEPOR 2019/20”.

 

RC Deportivo oficializa a fichaxe de Anquela para o banquillo

Era un segredo a voces, (altas voces), parece que a política está a ser a de infiltrar as ficahxes nestas primeiras novidades do clube para a tempada 2019/20, pois se durante o inverno ninguén se enterou de que o central grego Lampropoulos estivo na Coruña facendo recoñecemento médico e coñecendo as instalacións do clube, de repente todo o mundo soubo que era a primeira fichaxe. No tema do adestrador pasa tres cuartos do mesmo, xa saeu o seu nome sen ningún outro nas quinielas.

Dende o clube oficializaron a fichaxe do adestrador xienense e dinnos que : “Juan Antonio Albacete Anquela (Linares, Xaén, 11 de setembro de 1957), converteuse esta tarde en novo adestrador do Real Club Deportivo para a próxima temporada. Anquela comezou a súa carreira como técnico no Real Jaén en 1997, equipo no que iniciou e finalizou a súa andaina como futbolista, ademais de defender as cores de Elche, Albacete, Linares, Córdoba, Torredonjimeno e CD Iliturgi. Nos bancos, após o equipo da súa terra, dirixiu a SD Huesca, UD Melilla, Águilas, AD Alcorcón, Granada, Numancia e Real Oviedo, nas dúas últimas temporadas”.

O novo segundo adestrador branquiazul será Juan José Carretero Muñoz e o preparador físico Marcos Marcén Monclús.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es