OBRADOR DESPÍDESE CUNHA CARTA AO CLUBE E A AFECCIÓN E TODO APUNTA A QUE O MADRID O DESPACHARÁ O BENFICA.

Non é un segredo que o RC Deportivo tratou de traer de novo ao lateral esquerdo Rafa Obrador fora como cedido ou fora como en propiedade con opción de compra. O xogador balear fixo unha moi boa campaña no Depor a pesares de ter algún baixón por lesión, pero volveu de novo polos seus foros.

O xove lateral despidese do RC Deportivo e de tódlos que o forman agradecido do trato e da sua estancia na cidade e no clube. Os mentideiros deportivos primeiro falaban do interese dalgún equipo italiano, pero apuntan con máis seguridade que o seu dstiño será o Benfica portugués, como contraprestación do Real Madrid na procura dun xogador do clube lisboeta da mesma demarcación. Obrador para o Real Madrid non vale, pero unha mágoa pois é un xogador que se o respetan as lesións vai a apuntar alto.

O noso agradecemento a Rafa Obrador polo que nos dou a pasada tempada na que blindou a sua banda e foi parte do éxito da permanenza na Segunda sen apuros.

A sua carta :

“GRAZAS, A Coruña

Despois dun ano moi especial, toca despedirme da Coruña e do Deportivo. Fun moi feliz durante esta etapa. Lévome grandes recordos dunha cidade incrible e dun club histórico ao que sempre estarei agradecido pola oportunidade.

Grazas a todos os que formaron parte do camiño: corpo técnico, compañeiros, traballadores do club e, por suposto, á afección, que estivo aí en todo momento.

Deséxovos o mellor, sempre”.

Rafa Obrador.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”