Agora é tempo de críticas, e tempo de queixas, de reclamacións, pero tamén hai qye valorar as cousas que se fixeron ben. De todos nós é sabido que por enriba de todo nos nosos sentimentos e preferenzas está o primeiro equipo, o culpable de que pola mañán haxa un sorriso ou haxa unha cara de mala h…con “h”, ou sen ela.
A grande maioría das críticas vai para a Dirección Deportiva, e logo para a Directiva, e logo hai un gran porcentaxe para os adestradores e para os xogadores a sua parte.
Non todo foi malo no noso clube, pero tampouco todo foi bo, pero como di a cultura oriental do “Ying Yang”, en todo o bo hai algo malo, e en todo o malo hai algo bo.
Os adestradores
O primeiro equipo tocoulle a parte máis mala, pois coido que se fixo unha boa plantilla, mellor ca do ano pasado, pero errouse xa de inicio no adestrador, pois Borja Jiménez xa amosou o ano pasado que a esixencia do Depor de ter que ascender xa dende a primeira xornada fíxoselle moi grande. Tras unha excelente primeira volta, desinflouse na segunda e non tivo man dereita para solucionalo, vendo como o Santander collían unha lancha a motor de cara o título e o ascenso, namentras que o Depor remaba con culleres de pau. Chegou o Play-Off con todo de cara e os seus trocos e sistema condenaron o noso equipo a un ano máis no obstracismo. O premio foi renovarlle e dende a primeira xornada xa se veu que non era capáz, que lle pesaba todo o errado.
Trouxose a Óscar Cano, (outro erro), e foi o peor que lle puido pasar a este equipo, pois tralo efecto de troco de adestrador e parar a sangría de goles en contra, viveu do conto, do “falabarato”, e vivindo da inercia de que Riazor levaba cada 15 días aos seus a vitoria en ándias, pero os encontros fora eran un suplicio, nin fútbol, nen xogo, nen vitorias. Algún que outro empate, algunha vitoria como a de Fuenlabrada con moita sorte, e logo toda a liga sen ser quen de coller o primeiro posto, e cos outros equipos fallando unha semana sí e outra tamén, e se ti non queres, pois imos nos diiante. Un dato relevante é que en todo o 2023 só se gañou un encontro fora, o colista, Talavera 0-1.
O 19 de Marzal en León a afección dictou sentenza, cansa de tanto “Orador”, e ningún resultado : “Óscar dimisión”, berrou o Reino de León ao unísino dende a grada deportivista. Cousa que se repiteu partido tras partido, e xa moi tarde, cando se chegou o ridículio de Linares, fíxose o troco, traendo a Rubén de la Barrera, que de haber estado 4 ou 5 semanas antes, (xa non quero ir máis atrás), de seguro que teríamos ascendido direto.
Os xogadores
Houbo erros de contratación, en parte por coller xogadores da preferenza do adestrador de turno, en parte porque o seu nivel era moi lonxe do que foran, ou porque na canteira xa había xogadores de ese perfil cos que os adestradores non contaban. Os reforzos de inverno, agás Lucas e Lebedenko non aportaron nada, e non milloraron para nada o ofrecido por Víctor Narro que se foi cedido.
En todo o malo tamén se fixeron cousas boas nestes dous anos con Rosende e Giménez na secretaría, e chegaron xogadores moi apetecibles coma Ian Mackay, Quiles, Mario Soriano, Lapeña, Jaime, Elitim, William de Camargo, Svensson, Pablo Martínez, Isi Gómez, Olabe, Lebedenko, e Lucas, que non chegar él nin na promoción entraríamos. Por nomear a algúns, pois houbo tamén algún que podía dar máis, pero o adestrador de turno non lle deu a oportunidade de amosalo, e repetimos o caso de Narro, que era mellor co que trouxeron en inverno.
O equipo feminino
Fíxose un grn plantel tanto o ano pasado coma este e non se ascendeu tan só pola mala sorte que nos acompañou no derradeiro treito de campionato. A un gol quedaron do ascenso direto, pasando moitas xornadas de líderes durante a liga, e por un gol quedaron sen opcións de ascenso na final do Play-Off. Todo bo neste equipo, ata acertaron na contratación de Irene Ferreras, tras problemas internos na anterior tempada con Miguel Llorente.
A Canteira
O traballo que se está a facer e o organigrama que se acadou é hoxe en día unha envexa en España. Tódolos equipos da canteira do RC Deportivo foron campións das suas ligas en masculino e feminino, agás o Xuvenil A, que quedou segundo, pero trala esixencia de xogar a liga e a Copa de España, a que chegou a fase final, quedando as portas da final por un gol pantasma, que segundo os rapaces non entrou, e que o colexiado, sen visión, e o liña retrasado deron como válido na derradeira xogada do encontro. Tralo gol que deixaba fora os de Manuel Pablo pitaron o final do encontro.
O filial
Ainda que tamén é canteira, un apartado especial, pois se nos xuvenís hai xogadores válidos para o primiro equipo, no Fabril, calquera deles pode xogar cos “grandes”, pero non foron aproveitados. Só Rubén de la Barrera lle deu minutos a un, a David Mella, nun deles titular. Os de Óscar Gilsánz gañaron a liga e son equipo da 2ª RFEF, con todo merecemento. A diretiva ven de renovarlle por dous anos o adestrador betanceiro, un home totalmente válido para o primeiro equipo, como ven amosando cada ano dende que chegou a base do clube, sumando éxito tras éxito.
Polo tanto houbo cousas malas, moi malas, pero tamén boas e moi boas, pero o que manda é o papel do primeiro equipo, e de eso fala as malas formas con Ian Mackay, tan crueles como inxustas, pois ven para aquí cando podía estar no fútbol profesional, e que nos dou tantos puntos o longo da tempada, pero igual que están a sufrir os do primeiro equipo, tamén o están as rapazas do feminino, pero esto queda inxustamente tapado polo acontecido en Castalia, que fixo que só cabe renovar cousas, coller novos folgos e voltar a ir para arriba, de ánimos e de melloras no equipo, na dirección deportiva e na diretiva, pero nen todos valén, nen todos sobran.
O económico
Deste tema xa non falo, xa que de non ser por ABANCA, por mal que lle queiran algúns, hoxe en día estaríamos falando do RC Deportivo con outro nome e na 3ª Galega. O presidente dixo tralo encontro, que tivo a boa manobra de sair a dar a cara despois do encontro, e cos medios de comunicación de Castalia protestando, (ao igual que a deron Lucas e Álex), asegurou que o apoio económico do banco “galego”, (algo ten), era incuestinoable. A tranquilidade económica é ultra necesaria para que esto poda rexurdir.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”.