O XUVENIL “B” DO RC DEPORTIVO XÓGASE MAÑÁN SÁBADO A PRIMEIRA BALA PARA SER CAMPIÓN DE LIGA E EMULAR O EQUIPO XUVENIL “A”.

 

O Xuvenil B do RC Deportivo xoga mañán sábado a partires das 13:00 horas ante o Coruxo FC no campo de Fragoselo, (Vigo), o encontro que tiña aprazado da 4ª xornada da Fase de Ascenso. De vencer niste encontro sería xa virtualmente campión. Virtual porue na derradeira xornada que se xoga o vindeiro día 13 de Xuño en horario unificado das 12:00 horas, o C. Vigo B empatado agora mesmo a 58 punto cos deportivistas, tería que gañar de goleada en Abegondo de goledada para superar na clasificación aos branquiazuis. Agora mesmo a diferenza é de +8 para os branquiazuis. De gañar mañán habería que sumarlle os goles a favor de diferenza, se empatase seguirían igual pero cun punto máis cos sureños e se perdese, descontarlle os goles e xogarse todo en Abegondo a unha vitoria ou un empate.

Polo tanto esta é a primeira bala de campións para os pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher, (que xa anunciou que esta tempada deixa o clube para seguir crecendo como adestrador), que teñen todo na sua man para acabar no máis alto como xa fixo o Xuvenil “A” na División de Honra. Unha pedra máis na boa labor que se está a facer na canteira

Tamén o Alevín “A” dobregou onte ao Ural Español CF “A”, i é o campión do grupo A da Primeira Autonómica de Fútbol 8. E o mesmo fixo a semana pasada o Fabril FC Alevín campión do seu grupo tamén de F8.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia