O XUVENIL “B” DO RC DEPORTIVO PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA LIGA NACIONAL.

 

O Xuvenil “B” do RC Deportivo bastáballe un empate para proclamarse campión da Liga Nacional Xuvenil, tal e como vos apuntábamos na previa de onte. Os rapaces que dirixe Aldo Dusher con Alejandro Antón, tiñan un punto máis co C. de Vigo “B”, que era o rival en Abegondo, e conseguían a igualada para emular aos seus compañeiros do Xuvenil “A”, campión da División de Honor e así o fixeron.

O encontro que acabou 1-1, non se moveu ata despois do descanso ao que se foi co 0-0 inicial. Aos poucos de comezar a segunda metade, (48´), Mario Vázquez introducía de maneira involuntaria o balón na meta do seu compañeiro Hugo Ríos, para subir o 0-1 ao marcador e darlle ventaxe aos sureños, pero xusto despois de sacar de centro, Martín Ochoa empataba para os deportivista, convertindo a tristura de un minto antes en ledicia.

Xa non se movería o marcador e os deportivistas levantaban a copa de campións que lle entregaba o vicepresidente da RFGF, José Luis Villamisar, coñecido deportivista, e do fútbol afeccionado coruñés.

RC Deportivo Xuvenil “B” : Hugo Ríos, Ignacio, Manuel Berrocal, Seydiba, Mario Vázquez, Rubén, Pablo, Álvaro, Martín Ochoa, Diego, Alejandro, Hugo Lemos, Carlos, Iker, Nicolás, Roque, Crístian, Hugo Baldomar, Adrián e Manuel Mato.

“A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o equipo e que pronto os poidamos ver trunfando no primeiro equipo”.

A canteira deportivista está a acumular numerosos éxitos nesta tempada con varios equipos campiíns das suas ligas, unha boa semente de cara o futuro do primeiro equipo. Hoxe o Xuvenil “A” xoga en Abegondo a partires das 12:00 horas comeza a sua andaina da Copa de España de Campións Xuvenís, ante o UD Las Palmas, choque que podedes seguir en direto dende a web da TVG e logo en diferido ás 20:00 horas na TVG 2. 

 

Villamisar entregándolle a copa de campións os deportivistas.

 

-Fotos : RC Deportivo/RFGF

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies