Namentras que o Fuenlabrada queréllase contra todo Deus, como peixe que da os derradeiros coletazos na caixa, o xuíz instructor d RFEF propón o seu descenso administrativo e unha multa de 15.001 euros, e dalle 10 días para presentar alegacións. Unha resolución que xa tería que estar feita fai varias semanas, pois todo aquelo que non sexa o descenso administrativo deste clube sería ir en contra da xustiza e da legalidade. Non lles temblou o pulso cando se tivo que descender no pasado recente a clubes coma o Albacete, Murcia ou Elche por neglixencias, pero desta volta o poder da “Familia Tebas” está a demorar a resolución do caso, haxa liga de 24 ou non, pois este equipo, no que os xogadores non teñen culpa ningunha, acumulou unha cantidade inxente de neglixencias, deportivas e sanitarias.
-Foto : RFEF
-Texto : piratasdemuxia.es